Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 2 de marzo de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada nas empresas Automóviles Sigrás Carral, S.A. (Asicasa) e Autos Cal Pita, S.A.

Ante a convocatoria de folga presentada polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores, nas empresas Automóviles Sigras Carral, S.A. (Asicasa) e Autos Cal Pita, S.A. a partir das cero horas do día 4 de marzo de 1999, con carácter indefinido, procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.21º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio do lexítimo dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 61/1985, do 18 de abril e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores nas empresas Automóviles Sigrás Carral, S.A. (Asicasa), e Autos Cal Pita, S.A. serán os seguintes:

A) Servicios concesionais:

1. Concesión V-7007:XG-381.

Concesionario: Autos Cal Pita, S.A.

*A Coruña-Sta. Cruz-Arillo-Rialta-Sada:

Saídas da Coruña 7.30 e 20 horas.

Saídas de Sada 8.25 horas.

*A Coruña-Oleiros:

Saídas da Coruña 8.05 e 20.05 horas.

Saídas de Oleiros 7.35 e 20.35 horas.

*A Coruña-San Pedro:

Saídas da Coruña 7, 8, 8.30, 9, 18, 18.30, 19, 19.30, 20 e 20.30 horas.

Saídas de San Pedro 7.30, 8.30, 9, 18.30, 19, 19.30, 20, 20.30 e 21 horas.

2. Concesión: V-7034:XG-408.

Concesionario: Automóviles Sigrás-Carral, S.A. (Asicasa).

*A Coruña-San Vicente de Vigo:

Saídas da Coruña 8 e 19.30 horas.

Saídas de S. Vicente de Vigo 8.55 e 20.10 horas.

*A Coruña-Cerceda:

Saída da Coruña 19.30 horas.

Saída de Cerceda 6.30 horas.

*Orro-Alvedro-Culleredo-A Coruña:

Saída de Orro 8.20 horas.

Saída da Coruña 18.30 horas.

*A Coruña-Vilaboa-Sigrás:

Saídas da A Coruña 6.15, 7.15, 8.15, 18.45, 19.45 e 20.45 horas.

Saídas de Sigrás 7.45, 8.45, 19.15 e 20.15 horas.

*A Coruña-Cambre:

Saídas da Coruña: 7, 8, 9, 19, 20 e 21 horas.

Saídas de Cambre 7.30, 8.30, 19.30 e 20.30 horas.

B) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros.

Deberanse manter tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e posteriores ás 18 horas.

C) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares e estudiantes:

Deberanse manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na devandita actuación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda