Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30 de xuño de 1998, aprobou definitivamente o Plan Parcial do Solo Urbanizable Programado nº 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, sito en Ribadelouro, de iniciativa particular, coas condicións ou modificacións que constan na dita aprobación e a relación de interesados ou afectados que se inclúen no edicto no BOP.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e cos efectos previstos no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño; no artigo 70.2º da Lei de bases de réxime local; e na Lei 30/1992.

Tui, 17 de febreiro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde