Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de rede de sumidoiros da parroquia de Santa María de Xeve.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de refencia.

B) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 91.613.027 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías:

A) Provisional: 1.832.260 ptas.

B) Definitiva: 3.664.521 ptas.

6. Clasificación empresarial:

Grupo E (hidráulicas).

Subgrupo 1 (abastecemento e saneamento).

Categoría D (anualidade media entre 60 e 140 millóns de pesetas).

7. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

C) Lugar da presentación: Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral