Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-42/1998 e cinco máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 42/1998.

Denunciado: Eduardo Sanmartín Álvarez, domicilio Avda. Atlántida, 98-4º Vigo.

DNI: 35.859.086.

Feitos denunciados: adestrar 1 can de caza en época de veda e carecendo do permiso, ás 19 horas do día 10-9-1998, lugar O Couto PO-10.014, Castro-Chandebrito, concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 20-11-1998.

Precepto infrinxido: 57.11º e 57.35º, en relación co artigo 34.9º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: 84/1998.

Denunciado: Joaquín Manuel Pérez Iglesias, domicilio Caleiro, Ousensa, 63-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.471.264.

Feitos denunciados: non levar durante o exercicio da caza DNI nin ningún outro documento que poida acredita-la súa identidade e circular coa escopeta cargada e lista para o seu uso, pola estrada do monte Lobeira que dá acceso ó miradoiro do dito monte, ás 9.30 horas do día 18-10-1998, lugar Couto PO-10.157, monte Lobeira, concello de Vilanova de Arousa.

Data do acordo da incoación: 23-11-1998.

Precepto infrinxido: 57.35º, en relación co artigo 45.c da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: 86/1998.

Denunciado: Gonzalo Diz Núñez, domicilio Deiro-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.468.816.

Feitos denunciados: cazar con 4 cans dentro do couto de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización, ás 16.45 horas do día 18-10-1998, lugar Deiro, concello de Vilanova de Arousa.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Precepto infrinxido: 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.

Expediente: 87/1998.

Denunciado: Clemente González Abal, domicilio Tarrío, 15, Caleiro-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.349.337.

Feitos denunciados: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización, ás 16.15 horas do día 18-10-1998, lugar O Couto PO-10.124, concello Vilanova de Arousa.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Precepto infrinxido: 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.

Expediente: 95/1998.

Denunciado: José Manuel Maquieira Boga, domicilio r/ Luxemburgo, 6 B A-2 piso 4-B, Monteporreiro-Pontevedra.

DNI: 44.083.969.

Feitos denunciados: practica-lo deporte cinexético da caza carecendo de licencia de caza, ás 10.20 horas do día 18-10-1998, lugar Monte Cabanas-Sta. María de Xeve, concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Precepto infrinxido: 58.2º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.

Expediente: 98/1998.

Denunciado: Clemente González Abal, domicilio Tarrío, 15, Caleiro-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.439.337.

Feitos denunciados: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización, ás 14.15 horas do día 22-10-1998, lugar Ousensa-Caleiro, concello de Vilanova de Arousa.