Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-228/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativoc omún, e no prazo dun mes contados a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería

e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, da Caixa de Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 228/97.

Denunciado: José Manuel Alfonso Aguiar, domicilio Redondo-Tortoreos-As Neves.

DNI: 76.910.798.

Feitos denunciados: cazar en terreo cinexético especial, couto PO-10.047, sen levar consigo a preceptiva autorización, ás 8.50 horas do día 18-12-1998, lugar Monte Tixosa, concello das Neves.

Data do acordo da incoación: 13-4-1998.

Data do acordo da proposta: 13-8-1998

Proposta: sancionar a José Manuel Alfonso Aguiar con multa de 10.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: cazar en terreo cinexético especial, couto PO-10.047, sen levar consigo a preceptiva autorización.

Precepto infrinxido: 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 ptas.