Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.454

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (126/1998).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira.

Fai saber: que neste xulgado e por instancia de Margarita Rios Sieira se tramita expediente co número 126/1998, sobre declaración de falecemento do seu esposo José Joaquín Laíño Blanco, natural de Boiro, fillo da Alfonso Laíño Sayáns e de Elena Blanco López, desaparecido en mar aberto cando navegaba formando parte da tripulación do buque frigorífico Albacora Frigo, nun lugar indeterminado na ruta de Mombasa a Suez o día 14 de xullo de 1995. Transcorreron máis de dous anos sen que se volvese a ter noticias do desaparecido con posterioridade á data indicada e é polo que no expediente se acordou, en virtude do establecido no artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, a publicación do presente edicto no BOE e no DOG que se realizará por dúas veces consecutivas con intervalo de quince días, dando coñecemento da existencia do referido expediente.

Dado en Ribeira o dous de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado