Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.453

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (196/1998).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, pola xuíza de primeira instancia de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 196/1998, por instancia de Eduardo Piñeiro Fernández, sobre declaración de falecemento de seu avó, José Piñeiro García, natural e veciño de Muros.

José Piñeiro García, casado con Manuela Luces Siaba, marchou de Muros como emigrante á Arxentina sobre o ano 1930, sen que se tivesen noticias del ata o momento; na actualidade tería 120 anos se vivise.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no BOE e no DOG, por dúas veces con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera per

soa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros o 13 de novembro de 1998.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado