Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de reparación da OU-622, desde o límite da provincia de León ó Barco de Valdeorras. (Clave OU-98/33-4).

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu punto 2º establécese a competencia da Comunidade Autonoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 13 de outubro de 1998, o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de reparación da OU-622, desde o límite da provincia de León ó Barco de Valdeorras (clave OU-98/33-4).

Decreto 331/1998, do 6 de novembro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de reparación da OU-622, desde o límite da provincia de León ó Barco de Valdeorras (clave OU-98/33-4).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordante co regulamento para a súa aplicación, este servicio no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da casa do Concello de Rubiá, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de Rubiá.

Data: 24-3-199.

Hora: 9 a 13.

Número predios: 1 ó final.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI, e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa custa, se o coidan preciso dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levatamento das actas previas á ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, rúa Sáenz Díez número 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupación.

Ourense, 19 de febreiro de 1999.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas