Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relacionan, acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Ballesteros Mosquera, José A. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións) con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de xaneiro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado:

Ballesteros Mosquera José A.

DNI: non consta.

Avda. Redondela, 206-2º, Chapela-Redondela.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, Expte. 19146/93 TPC-99/95.

Interesado:

Panamex, S.A.

DNI: non consta.

Avda. Castelao, 57-5º D, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, Expte. 14847/90(A) TPC-28/94.

Interesado:

González Valverde David.

DNI: non consta.

Policarpo Sanz, 40º, 1º, Vigo.

Procedemento: imposto sucesión e doazóns, Expte. 456/94, TPC-8/96.