Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.397

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Pleno do Consello Consultivo de Galicia, do 26 de xaneiro de 1999, polo que se aproban as bases e a convocatoria de oposicións para o acceso ó corpo de letrados do dito organismo e a provisión de dúas prazas vacantes nel.

En virtude das competencias que lle corresponden conforme o artigo 22 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 26 de xaneiro polo que se aproban as bases e a convocatoria de oposicións para o acceso ó corpo de letrados do dito organismo, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

Acordo do Pleno do Consello Consultivo de Galicia do 26 de xaneiro de 1999 polo que se aproban as bases e a convocatoria de oposicións para ó acceso ó corpo de letrados do dito organismo e a provisión de dúas prazas vacantes nel.

De conformidade co disposto nos artigos 22.a da Lei do Consello Consultivo de Galicia, do 10 de novembro de 1995, e 15.2º.i do seu Regulamento de organización e funcionamento, despois dos trámites regulamentarios, acórdase aproba-las bases e convocar oposición para cubrir dúas prazas vacantes no corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

Segundo a disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, por non acadarse as porcentaxes mínimas esixidas, non se reserva ningunha praza para ser cuberta por persoa con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Bases

1. Requisitos para participar na oposición.

1.1. Poderá opositar quen reúna os seguintes requisitos no momento de cumprirse o último día do prazo para a presentación de solicitudes:

-Ser español.

-Ter cumpridos 18 anos.

-Ser licenciado en dereito ou estar en condicións de obte-lo título antes de remata-lo prazo da presentación de solicitudes.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que sexa incompatible co desempeño de funcións públicas.

-Que non fose separado do servicio, nin inhabilitado para funcións públicas en virtude de procesos xudiciais ou expediente disciplinario.

1.2. As minusvalideces deberán ser alegadas na solicitude, achegando a documentación oportuna e precisando as adaptacións e medios para realiza-las probas.

1.3. En todo o non previsto expresamente nesta convocatoria, nin na Lei 9/1995, do Consello Consultivo de Galicia, de conformidade co artigo 3 e 62 do Decreto 287/1996, aplicaranse subsidiariamente as normas establecidas con carácter xeral.

2. Solicitudes.

2.1. Quen desexe participar na oposición deberá presenta-la súa solicitude no Consello Consultivo de Galicia, rúa Algalia de Abaixo, núm. 24, en Santiago de Compostela.

2.2. O modelo de solicitude será o que figura no anexo II da presente convocatoria e dirixirase ó presidente do Consello Consultivo de Galicia.

2.3. Tamén poderán presentarse as solicitudes por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.4. En todo caso, deberá xuntarse á solicitude xustificante do aboamento de nove mil catrocentas sesenta pesetas, de conformidade co disposto no artigo 18 da Lei de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co anexo III da presente convocatoria.

2.5. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días, que haberá que contar desde o día seguinte ó da data de publicación no DOG.

2.6. No caso de resultar excluído, poderase proceder a solicita-la devolución das taxas no prazo dun mes a partir da data de publicación da exclusión definitiva.

3. Admisión de aspirantes.

3.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase no Diario Oficial de Galicia a lista provisional de solicitantes admitidos e excluídos, abríndose un prazo de dez días para reclamacións e emendas de defectos formais.

3.2. A continuación, publicarase no Diario Oficial de Galicia a lista definitiva. Simultaneamente designarase o tribunal. Haberá un prazo de dez días para alegar causas de recusación ou abstención.

4. Exercicios.

4.1 A oposición constará de 5 exercicios, sendo todos eles eliminatorios.

4.2. No caso de non acadarse o nivel considerado mínimo polo tribunal, a cualificación será de non apto. Caso de que o tribunal considere que se superou o exame, e sexa declarado apto, procederase á súa puntuación.

4.3. Para os efectos de determina-las puntuacións, cando resulte superado o exame, pese a que algún

dos membros do tribunal optara por cualificalo como non apto, entenderase que cualifica con efectos de apto.

5. Programa.

5.1. O programa da oposición é o que figura exposto no anexo I da presente convocatoria.

6. Tribunal.

6.1. Para a cualificación do proceso selectivo constituirase un tribunal único presidido polo presidente do Consello Consultivo de Galicia ou conselleiro en quen delegue, e composto por cinco membros nomeados por aquel. Sen prexuízo do sinalado, será nomeado un tribunal suplente composto de xeito similar.

6.2. Para que o tribunal poida actuar será necesaria a asistencia da maioría dos seus membros.

O tribunal adoptará as súas decisións por maioría, mediante votación nominal e, en caso de empate, repetirase a votación ata que se obteña unha maioría e, se na terceira votación seguira o empate, dirimirao o presidente co seu voto.

En cada avaliación suprimirase a puntuación máxima e mínima e, se coincidise máis dunha, tanto no suposto de máxima como de mínima, suprimiríase en calquera dos supostos unha destas.

6.3. De conformidade co disposto no artigo 7.1º do Decreto 95/91, do 20 de marzo, o tribunal estará constituído por un número impar de membros, nunca inferior a cinco, un dos cales será proposto polas organizacións sindicais e outro proposto pola Escola Galega de Administración Pública.

6.4. Cando algún membro do tribunal estea imposibilitado para a súa asistencia ou continuidade por calquera causa, antes do comezo do primeiro exercicio, o presidente do Consello Consultivo de Galicia poderá nomear un novo membro que o substitúa.

6.5. O tribunal que actúe nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no artigo 33.2º do Decreto 236/1988, do 4 de marzo.

7. Desenvolvemento dos exercicios.

7.1. Primeiro exercicio: desenvolvemento escrito que demostre a cultura xurídica e capacidade de relación conceptual do opositor sobre un tema dos dous propostos polo tribunal e que se referirá a unha ou varias rúbricas do programa que se xunta.

Deberá efectuarse no prazo máximo de catro horas sen o auxilio de texto doutrinal ou legal ningún.

O seu contido exporase en acto público ó tribunal, mediante lectura do escrito e, ó seu remate, o opositor de responde-las preguntas que poida dirixirlle o tribunal sobre o exposto.

A cualificación do exercicio será de non apto ou apto e, neste último caso, puntuarase entre cinco e dez puntos.

O tribunal poderá utiliza-los medios técnicos necesarios para garanti-la correspondencia entre o texto escrito e a exposición do opositor.

7.2. Segundo exercicio: consistirá en contestar oralmente no prazo máximo de 1 hora e 20 minutos 6 temas, extraídos ó chou do programa que figura no anexo I, referentes á primeira parte conforme o seguinte: 1 de teoría xeral do dereito ; 2 de dereito civil e hipotecario, 1 de dereito mercantil, 1 de dereito laboral e da seguridade social, 1 de facenda pública, lexislación orzamenaria e dereito financeiro. O opositor deberá contestar tódolos epígrafes.

O opositor, para a preparación da exposición oral, disporá, á súa escolla, dun período máximo de 15 minutos. Transcorridos 30 minutos da exposición, en calquera momento o tribunal, se apreciase unha manifesta insuficiencia de contido, poderá dar por concluído o desenvolvemento da proba. Cualificarase o exercicio como non apto ou apto e, neste último caso puntuarase entre cinco e dez puntos.

7.3. Terceiro exercicio: consistirá en contestar oralmente no prazo máximo de 1 hora e 20 minutos 6 temas, extraídos ó chou do programa que figura no anexo I, referentes á segunda parte conforme o seguinte: 2 de dereito constitucional, comunitario e autonómico, 2 de dereito administrativo (I) parte xeral, 2 de dereito administrativo (II) organización, emprego público e servicios. O opositor deberá contestar tódolos epígrafes.

O opositor, para a preparación da exposición oral disporá, á súa escolla, dun período máximo de 15 minutos. Transcorridos 30 minutos da exposición, en calquera momento o tribunal, se apreciase unha insuficiencia de contido, poderá dar por concluído o desenvolvemento da proba. Cualificarase o exercicio como non apto ou apto, e neste último caso puntuarase entre cinco e dez puntos.

7.4. Cuarto exercicio: consistirá no despacho dun expediente sometido ó consello, no prazo máximo de 6 horas, durante as cales os opositores permanecerán incomunicados, podendo consultar e servirse dos textos adecuados que o tribunal poña ó seu dispor, así como dos que poidan xuntar que non sexan textos legais comentados. Da proposta de dictame darase lectura pública ante o tribunal, debendo o opositor contesta-las preguntas que aquel lle poida formular. Cualificarase o exercicio como non apto ou apto e, neste último caso, puntuarase entre cinco e dez puntos.

7.5. Quinto exercicio: consistirá en demostrar de modo suficiente o coñecemento da lingua galega, mediante a práctica dunha traducción, directa e inversa, dos textos de carácter xurídico que sinale o tribunal. Este exercicio cualificarase como apto ou non apto.

7.6. A realización do primeiro exercicio non terá comezo antes do mes de novembro de 1999. Entre o remate da lectura deste e o inicio do segundo, transcorrerá un período mínimo dun mes.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se leven a cabo as probas, e por

calquera outro medio, se se xulga conveniente, para faculta-la súa máxima divulgación, alomenos con vintecatro horas de antelación á sinalada para a iniciación destes.

8. Lista de aprobados.

8.1. Unha vez terminada a oposición, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación, non podendo en ningún caso superar estes o número de prazas convocadas, e formulará as conseguintes propostas de nomeamento.

8.2. No caso de que algunha ou tódalas prazas ofertadas non resultaran cubertas, poderá procederse a efectuar unha nova convocatoria no prazo de seis meses que se contarán desde o remate do proceso selectivo.

8.3. As propostas do tribunal serán unipersoais para cada praza, a favor de quen obteña para esas o maior número de votos.

9. Presentación de documentos.

9.1. Os opositores que sexan propostos polo tribunal para cubrir unha praza de letrado deberán entregar na Secretaría Xeral do Consello, dentro do prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte ó da proposta do seu nomeamento, os documentos seguintes:

a) Certificado de nacemento.

b) Título orixinal ou testemuño de licenciado en dereito.

c) Declaración xurada de que non foi separado de ningún corpo ó servicio da Administración pública.

d) Certificado médico acreditativo de non encontrarse imposibilitado para o servicio.

Os aspirantes que fagan vale-la súa condición de persoas con minusvalideces deberán presentar certificación dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición, e igualmente, deberán presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño de tarefas e funcións correspondentes.

10. Nomeamentos.

Os nomeamentos serán feitos polo presidente do Consello Consultivo de Galicia e publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

11. Recursos.

Contra o presente acordo e as resolucións dictadas polo Tribunal avaliador da oposición en actos definitivos ou que fagan imposible a continuación do procedemento para o afectado, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir da publicación dos acordos ou, de se-lo caso, da notificación individual ó interesado.

ANEXO I

PROGRAMA QUE REXERÁ NAS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO DE LETRADOS DO CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

Primera parte

Teoría xeral do dereito

Tema 1. O concepto do dereito obxectivo. Iusnaturalismo e positivismo xurídico. Dereito e usos sociais. Dereito, ética normativa e ética de valores.

Tema 2. Dereito e sociedade. A sociedade como sistema. O dereito como subsistema social. O dereito como factor de control social. Dereito e cambio social. A función social do dereito.

Tema 3. Dereito e poder. O Estado de dereito como forma de limitación do poder político. A división de poderes como forma de racionalización do poder político.

Tema 4. Dereito e xustiza. Relacións entre dereito e xustiza. Teorías sobre a xustiza. Xustiza e equidade.

Tema 5. A norma xurídica. A súa natureza. Estructura e clases de normas xurídicas. Normas de conducta e normas de organización. O esquema formal das normas xurídicas.

Tema 6. A interpretación das normas xurídicas: concepto, clases e regras. Integración da norma. Os efectos das normas xurídicas: eficacia xeral, eficacia sancionadora. Inescusabilidade do seu cumprimento e erro de dereito. A nulidade como sanción xeral. A fraude de lei.

Tema 7. O ordenamento xurídico. A unidade do ordenamento xurídico e a xerarquía normativa. A plenitude e a coherencia do ordenamento xurídico: a problemática das lagoas e as antinomias do dereito.

Tema 8. As ramas do ordenamento xurídico. Dereito público e dereito privado. Enumeración. A problemática da diferenciación entre dereito constitucional e dereito administrativo. A supletoriedade do dereito privado.

Tema 9. Os principios xerais do ordenamento xurídico: significado e análise do título preliminar do Código Civil. Os valores superiores do ordenamento.

Dereito civil e hipotecario

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. Dereito civil en España. Proceso codificador. O Código Civil español: estructura e contido. Principais modificacións do Código Civil. Lexislación posterior complementaria deste.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes e problemas da codificación foral. Os dereitos forais desde a perspectiva constitucional. Os apéndices forais. A compilación do dereito civil de Galicia e a Lei do dereito civil de Galicia: características e contido.

Tema 3. As fontes do dereito. A súa enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais

do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. A Constitución como fonte do dereito.

Tema 4. Aplicación das leis no tempo. Retroactividade e irretroactividade das leis. Dereito transitorio. Inicio e termo da súa vixencia. Retroactividade e dereitos adquiridos. Aplicación das leis no espacio. Dereito internacional privado. Dereito interrexional. Regras do Código Civil.

Tema 5. A relación xurídica. As situacións xurídicas. O dereito subxectivo. A adquisición e transmisión dos dereitos subxectivos. Renuncia. O poder de disposición e as prohibicións de allear. O exercicio dos dereitos subxectivos: límites; a doutrina da boa fe e o abuso do dereito.

Tema 6. A persoa: adquisición e extinción da personalidade. Capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Os dereitos de personalidade: a súa protección. O domicilio. A ausencia.

Tema 7. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. Dobre nacionalidade. Condición política. A veciñanza civil e administrativa. A condición xurídica de estranxeiro. A cidadanía da Unión Europea.

Tema 8. A persoa xurídica: concepto e clases. Réxime xurídico. Asociacións e fundacións. Fundacións de interese galego.

Tema 9. As cousas: concepto e clases. O patrimonio: tipos. Bens de dominio público e de propiedade privada. Propiedades inmateriais.

Tema 10. O feito xurídico. O acto xurídico. O negocio xurídico. Os seus elementos esenciais. A vontade como elemento do negocio xurídico. Os vicios da vontade: normas do Código Civil. A causa: teoría xeral. Normas do Código Civil. Negocios indirectos e fiduciarios.

Tema 11. A representación: teoría xeral. As súas especies. Proba dos feitos e actos xurídicos. Medios de proba. Exame de cada un deles. Carga da proba.

Tema 12. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Exame da prescrición extintiva. A caducidade.

Tema 13. O dereito real: natureza e caracteres. Diferencias co dereito de obriga. Dereitos reais recoñecidos pola lexislación española. Os chamados dereitos reais administrativos.

Tema 14. O dereito real de dominio. Concepto e natureza. O seu contido e límites. A propiedade privada e a función social do dominio na Constitución. Protección: a acción reivindicatoria. As chamadas propiedades especiais.

Tema 15. Modos de adquiri-lo dominio: enumeración, clasificación e exame particular. Supostos de adquisición gradual e sucesiva das facultades do dominio. Formas de cotitularidade do dominio. Os modos de perde-lo dominio.

Tema 16. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Protección posesoria. Efectos da posesión durante o seu exercicio e ó cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión.

Tema 17. O dereito real de servidume: concepto, caracteres, fundamento e clases. As servidumes persoais. As servidumes legais. As servidumes no dereito civil de Galicia.

Tema 18. O usufructo. Natureza e caracteres. Contido. Usufructos especiais. O uso e a habitación. Os censos e o dereito de superficie.

Tema 19. Dereitos reais de garantía; formas de garantía real. O peñor. A hipoteca mobiliaria. A anticrese.

Tema 20. O dereito hipotecario: concepto e fins. O Rexistro da Propiedade. Asentos rexistrais. Concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica: medios para obtela. A inmatriculación. A prosecución do tracto sucesivo. Rectificación dos erros dos asentos.

Tema 21. Os principios hipotecarios: inscrición; rogación; lexitimación; fe pública rexistral; tracto sucesivo; legalidade.

Tema 22. A inscrición. Os dereitos inscribibles. Os títulos inscribibles e os seus requisitos. Tradición e inscrición no rexistro da propiedade. A inscrición a prol das administracións públicas: referencia particular ás inscricións procedentes de expropiacións forzosas e procedementos de constrinximento fiscal.

Tema 23. A anotación preventiva: concepto e efectos xerais: exame dos supostos do artigo 42 da Lei hipotecaria. A nota marxinal. A cancelación: concepto, causas e efectos.

Tema 24. A hipoteca: concepto, caracteres e clases. Hipotecas voluntarias e legais. Bens hipotecables e non hipotecables.

Tema 25. Formas de constitución da hipoteca. Cesión do crédito hipotecario. Execución de hipotecas. Prelación dos créditos hipotecarios e relación con outros créditos de dereito público.

Tema 26. A obriga. Fontes das obrigas. Clases de obriga. O cumprimento da obriga. Modificacións das obrigas.

Tema 27. Incumprimento das obrigas: causas e efectos: O principio de responsabilidade patrimonial universal: teoría xeral. Causas de extinción das obrigas. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 28. O contrato: concepto; elementos; clases. Preparación e perfección do contrato. As condicións xerais de contratación. Interpretación dos contratos.

Tema 29. A ineficacia dos contratos. Inexistencia, nulidade e anulabilidade: causas e efectos. A rescisión. As accións revogatorias e subrogatorias.

Tema 30. O contrato de compravenda. Natureza. Elementos: prohibicións. Perfección. A transmisión do dominio. A condición resolutoria explícita: o pac

to de reserva de dominio. Retracto convencional e retractos legais. A venda de cousa allea.

Tema 31. Obrigas do vendedor. Conservación da cousa; teoría dos riscos. Entrega da cousa vendida. Saneamento. Obrigas do comprador. Pagamento do prezo e pagamento de xuros. A permuta.

Tema 32. A doazón: natureza. Elementos persoais, reais e formais. Efectos comúns e especiais. Revogación e reducción de doazóns. Doazóns especiais: especial mención ás indirectas e mortis causa.

Tema 33. O contrato de arrendamento. Clases e normas fundamentais do Código Civil en materia de arrendamentos. O contrato de arrendamento de obra ou empresa. O arrendamento de servicios.

Tema 34. O arrendamento de predios urbanos no dereito común e na lexislación especial.

Tema 35. O arrendamento de predios rústicos no dereito común e na lexislación especial. A parcería: o seu concepto e natureza. Especial referencia ás parcerías en Galicia.

Tema 36. O contrato de mandato: natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de mediación ou corretaxe.

Tema 37. O contrato de préstamo: as súas especies. O préstamo simple ou mutuo. Lexislación sobre préstamos usurarios. O comodato.

Tema 38. O precario. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito ordinario. Depósito irregular e necesario. O secuestro.

Tema 39. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución e contido do contrato. Extinción da sociedade. A compañía familiar no dereito civil de Galicia.

Tema 40. O contrato de fianza: a súa regulación no Código Civil. O contrato de edición. Transaccións e compromisos. O convenio arbitral e os seus efectos. Os contratos aleatorios: renda vitalicia, xogo e aposta. O vitalicio no dereito civil de Galicia.

Tema 41. Os casecontratos. O seu concepto e especies. O cobro do indebido e a xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigas que nacen da culpa e neglixencia: criterios de imputabilidade.

Tema 42. O matrimonio: réxime xurídico do matrimonio civil e do matrimonio canónico. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais e patrimoniais do matrimonio. Nulidade, separación, disolución do matrimonio e divorcio: as súas causas e efectos.

Tema 43. A filiación: concepto e clases. Referencia ás accións de filiación. A filiación adoptiva. A patria potestade. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. A débeda alimenticia entre parentes. A tutela. A curatela. Protección do menor no Código Civil e na lexislación especial: defensor xudicial, a garda de feito, o acollemento de menores.

Tema 44. A sucesión mortis causa. Condicións requiridas para suceder; capacidade e incapacidade; a indignidade. Adquisición da herdanza; a aceptación. O beneficio de inventario. A repudiación; a renuncia en prexuízo dos acredores.

Tema 45. A comunidade hereditaria. A partición. Regras xerais. Exame da partición feita polo testador, por contador-partidor e polos herdeiros. Operacións que comprende. Nulidade, rescisión e modificación. A colación. As partillas no dereito civil de Galicia.

Tema 46. A institución de herdeiro. Efectos da sucesión a título de herdeiro. Os dereitos de representación e de acrecer. O legado: tipos. Réxime de adquisición do legado. As reservas hereditarias: tipos.

Tema 47. A sucesión testamentaria. O testamento. Capacidade e incapacidade para testar. Testamentos abertos, pechados e hológrafos: regulamentación xeral. O testamento mancomunado no dereito civil de Galicia. A substitución hereditaria: concepto e clases.

Tema 48. A sucesión forzosa e a liberdade de testar: sistema español. A lexítima. A mellora. A sucesión intestada. Orde de chamamentos no Código Civil. Sucesión do Estado e sucesión da Comunidade Autónoma de Galicia. Institucións do dereito civil de Galicia: o pacto de mellora; o dereito de labrar e posuír; as apartacións; o usufructo universal de viuvez.

Dereito mercantil

Tema 1. Contido do dereito mercantil: sistemas. O acto de comercio na teoría e no dereito español. Os actos mixtos e os actos de comercio por analoxía. Fontes do dereito mercantil; o Código de Comercio. Lexislación complementaria e outras fontes

Tema 2. Dereito mercantil autonómico e da Unión Europea. Dereito dos consumidores. O mercado de valores: organización e funcionamento. Valores negociables. O mercado da débeda pública. A empresa mercantil: elementos.

Tema 3. Concepto doutrinal e legal de comerciante. O comerciante individual. Condicións de capacidade. Responsabilidade patrimonial polo exercicio do comercio por persona casada. A sociedade mercantil: os seus elementos; a súa constitución; a sociedade irregular.

Tema 4. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple e por accións. As sociedades cooperativas.

Tema 5. As sociedades de responsabilidade limitada. Constitución. Achegas dos socios na constitución da sociedade de responsabilidade limitada. Réxime das participacións sociais. Órganos sociais. Modificación dos estatutos. A sociedade de responsabilidade limitada unipersoal.

Tema 6. A sociedade anónima. Constitución. Achegas. Patrimonio e capital social. As modificacións estatutarias: aumento e reducción do capital social.

Tema 7. A acción: dereitos que confire ó seu titular. Negocios coas accións. Órganos sociais da sociedade anónima. As contas anuais. Impugnación dos acordos sociais. Emisión de obrigas.

Tema 8. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís: principios xerais. A súa disolución: causas. Liquidación da sociedade: operacións que comprende.

Tema 9. Entidades mercantís especiais: caixas de aforro; réxime xurídico. Bancos; réxime xurídico. Sociedades anónimas laborais. Sociedades de capital-risco. Sociedades de garantía recíproca. Institucións de investimento colectivo.

Tema 10. A contabilidade mercantil. Valor probatorio. Balance e distribución de beneficios nas sociedades anónima e limitada. A auditoría de contas. O rexistro mercantil: principios. Organización. Obxecto de inscrición.

Tema 11. A propiedade industrial; patentes e marcas: réxime xeral. O dereito da competencia: defensa da competencia e competencia desleal. Especial referencia á súa incidencia sobre a actividade administrativa de fomento. A unión temporal de empresas.

Tema 12. Teoría xeral dos títulos valores. A letra de cambio: concepto, emisión, forma e trasmisión. Réxime das accións cambiarias. Os títulos ó portador e nominativos. O cheque: tipos

Tema 13. A obriga e o contrato mercantil: normas xerais do Código de Comercio. A compravenda mercantil. A comisión mercantil. Os contratos bancarios: a conta corrente; a apertura de crédito; o préstamo; o desconto; o depósito. As tarxetas de crédito.

Tema 14. Contratos bolsistas. O leasing. O contrato de asistencia técnica. O factoring. Contrato de axencia: exclusividade; a franquía.

Tema 15. O contrato de transporte. O contrato de contas en participación. O contrato de seguro: a súa regulación. Os seus elementos. Tipos de seguro: especial referencia ós seguros de persoas, de danos e de responsabilidade.

Tema 16. O dereito de creba. Fundamento. Aspectos substantivos. Clases de creba: fortuíta, culpable e fraudulenta. Inhabilitación e rehabilitación do crebado. A creba das sociedades mercantís.

Tema 17. A masa da creba: delimitación. Reintegración á masa, retroacción da creba, actos impugnables. Reducción da masa; reivindicacións e dereito de separación. Prelación de créditos.

Tema 18. O dereito marítimo: fontes. O armador: especialidades do seu réxime de responsabilidade. O contrato de fletamento e subfletamento. O dereito da navegación aérea: especial referencia ás normas sobre responsabilidade en caso de accidente.

Dereito laboral e da Seguridade Social

Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. Formación e desenvolvemento do dereito do traballo. Contido e concepto do dereito do traballo.

Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo. Caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas. As ordenanzas de traballo: vixencia. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.

Tema 3. A aplicación das normas laborais. Principios de ordenación. A relación lei-convenio colectivo. Colisión e concorrencia entre normas estatais e normas convencionais. O principio de condición máis beneficiosa. Os principios de irrenunciabilidade de dereitos e territorialidade das normas laborais.

Tema 4. O contrato de traballo. O traballador: concepto xurídico e legal. O empresario: concepto e tipoloxía. Os entes públicos como empregadores. A interposición de empresarios. As contratas e subcontratas de obras e servicios.

Tema 5. Clases de contrato de traballo atendendo á súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. Os dereitos fundamentais do traballador. A categoría profesional. O cumprimento da prestación de traballo; deberes de obediencia, dilixencia e boa fe.

Tema 6. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e contrato de substituión. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.

Tema 7. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.

Tema 8. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario. A responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.

Tema 9. As modificacións do contrato de traballo. Tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.

Tema 10. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional do contrato. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade contratante. A extinción por forza maior, por causas obxectivas e por causas económicas e tecnolóxicas. O despedimento.

Tema 11. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estructura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servicios comúns.

Tema 12. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións. As prestacións de xubilación e invalidez non contributivas da Seguridade Social.

Tema 13. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestacións de maternidade.

Tema 14. Organización dos servicios sanitarios. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.

Tema 15. Réxime xurídico do persoal de institucións sanitarias da Seguridade Social.

Facenda pública, lexislación orzamentaria e dereito financeiro

Tema 1. A facenda pública: concepto. Os dereitos e obrigas de contido económico. A xestión da facenda pública: privilexios. Prescrición de créditos.

Tema 2. O gasto público. Os ingresos públicos: concepto e clasificación; tributos, taxas e prezos públicos e privados. A débeda pública: concepto e clases; emisión e amortización de títulos.

Tema 3. O orzamento: concepto, natureza e clases. A Lei xeral presupostaria: estructura e contido. O orzamento do Estado: elaboración e aprobación; execución e liquidación. O ciclo orzamentario.

Tema 4. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: estructura e contido. Principais orientacións legais en materia orzamentaria. Orzamentos dos organismos autónomos, entidades públicas empresariais e empresas públicas. Coordinación dos orzamentos das deputacións provinciais.

Tema 5. O patrimonio da Xunta de Galicia. A Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega: estructura e contido. Bens que o integran. Adquisición, alleamento e cesión. Cambios de cualificación e afectación. Protección e defensa. Prerrogativas.

Tema 6. Os tributos: concepto, natureza e clases. Os impostos: concepto e natureza; clasificación. Principios da imposición: especial referencia ós contidos na Constitución. As normas tributarias: aplicación e interpretación. Dereitos e garantías dos contribuíntes.

Tema 7. A relación xurídica tributaria: concepto, natureza e elementos. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsables do tributo. Base impoñible. Base liquidable. Tipo de gravame. Cota tributaria. Extinción da débeda tributaria. Garantías do crédito tributario.

Tema 8. As infraccións tributarias: concepto, natureza e clases. Sancións. A xestión tributaria: procedemento; liquidacións e autoliquidacións; as actas da inspección tributaria. Recadación tributaria: idea xeral da recadación en período voluntario e pola vía de constrinximento.

Tema 9. Revisión de actos en vía tributaria. O recurso de reposición en vía tributaria. O procedemento económico-administrativo: natureza; órganos: competencias; interesados; actos impugnables.

Tramitación do procedemento en primeira ou única instancia. Recursos. Procedementos especiais.

Tema 10. O imposto sobre a renda das persoas físicas. O imposto sobre o patrimonio.

Tema 11. O imposto sobre sociedades. O imposto sobre sucesións e doazóns.

Tema 12. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. O imposto sobre o valor engadido.

Tema 13. Financiamento das comunidades autónomas: regulación constitucional. A LOFCA: estructura; principios xerais da lei; recursos das comunidades autónomas. O Consello de Política Fiscal e Financeira. A chamada corresponsabilidade fiscal.

Tema 14. A potestade tributaria das comunidades autónomas: fundamento e límites. Tributos cedidos polo Estado á Xunta de Galicia. Participación en tributos estatais non cedidos. Outras fontes de ingresos públicos das comunidades autónomas: en particular o Fondo de Compensación Interterritorial e os fondos comunitarios estructurais.

Tema 15. Imposición tributaria autónoma da Xunta de Galicia. A imposición sobre o xogo. A imposición sobre actividades contaminantes. Normativa autonómica en materia de taxas e prezos públicos. A reclamación económico-administrativa en sede autonómica.

Tema 16. Facendas locais: os seus recursos. Impostos municipais de esixencia necesaria. Outros impostos municipais. Taxas e prezos públicos. O Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia cos Entes Locais. A tutela financeira dos entes locais.

Tema 17. O Tribunal de Contas: natureza; réxime xurídico; composición e organización. Función fiscalizadora e función xurisdiccional.

Tema 18. O control orzamentario interno: a función interventora na Comunidade Autónoma de Galicia. O Consello de Contas de Galicia: natureza; composición; competencias e funcións.

Segunda parte

Dereito constitucional, comunitario e autonómico

Tema 1. Concepto do Estado: noción sociolóxica; noción organicista; noción xurídica; noción deontolóxica. Estado e dereito. Dereito, ética e poder. Elementos do Estado: territorio, poboación e poder; poder e soberanía. Estado e nación. A cuestión dos nacionalismos.

Tema 2. Sistemas políticos. Nacemento do Estado moderno. Estado liberal. Estado democrático. Estado social. Estado de dereito. Formas de estado e formas de goberno O Estado social e democrático de dereito na Constitución española de 1978. A monarquía parlamentaria.

Tema 3. Estructura do Estado. Estado unitario e unións de estados. Federalismo e rexionalismo. A descentralización e a desconcentración como alter

nativas nos estados unitarios. O Estado español como Estado unitario pero descentralizado na Constitución española de 1978. Unidade e autonomía.

Tema 4. A Constitución: concepto e natureza; clases. A Constitución en sentido formal e en sentido material. O poder constituínte. Contido esencial da Constitución. O control constitucional. A reforma constitucional.

Tema 5. A Constitución Española de 1978: antecedentes e proceso de elaboración; características e influencias; sistemática e estructura. Valores superiores e principios fundamentais da Constitución.

Tema 6. A Coroa: Monarquía, Coroa e Rei. A sucesión a Coroa. Tutela e rexencia. Posición constitucional de El-Rei: estatus; referendo dos actos de El-Rei. Funcións de El-Rei. A Casa Real.

Tema 7. As Cortes Xerais: natureza, composición e estructura. O estatus dos parlamentarios: inmunidade e inviolabilidade. Os regulamentos parlamentarios: a reforma do regulamento do Senado. Organización e goberno interior das Cámaras.

Tema 8. As Cortes Xerais (II). Bicameralismo imperfecto. Funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa: iniciativa, tramitación, sanción e promulgación. A función de control: análise particular da cuestión de confianza e da moción de censura. As funcións económico-financeiras. As Cortes e as relacións exteriores do Estado.

Tema 9. O Goberno. O Goberno e a Administración. Composición, nomeamento e destitución dos membros do Goberno. Funcionamento: Consello de Ministros e comisións delegadas do Goberno. O presidente do Goberno.

Tema 10. O Goberno (II). Funcións do Goberno: función política, función lexislativa e función administrativa. Relacións coas Cortes Xerais. A Administración pública na Constitución española de 1978.

Tema 11. O Poder Xudicial: principios constitucionais básicos. O Consello Xeral do Poder Xudicial: natureza, composición, estructura e funcións. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal. Participación popular: o xurado.

Tema 12. A defensa da Constitución: sistemas de xustiza constitucional. O Tribunal Constitucional: natureza. Composición e organización. Funcionamento. Competencias. Efectos das sentencias.

Tema 13. O Tribunal Constitucional (II). Os procedementos de declaración de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. O recurso de inconstitucionalidade. As cuestións de competencia. Os conflictos constitucionais: conflictos entre Estado e comunidades autónomas; conflictos entre órganos constitucionais do Estado. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 14. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas: evolución histórica; natureza; clases. Os dereitos fundamentais na Constitución Española:

enumeración. Os principios rectores da política social e económica.

Tema 15. As garantías constitucionais dos dereitos fundamentais e liberdades públicas. Garantías xurisdiccionais. O Defensor do Pobo: natureza; designación; funcións. A suspensión dos dereitos e liberdades.

Tema 16. O modelo económico da Constitución española. Principios xerais informadores. A economía de mercado. A planificación da actividade económica. A planificación económica. A participación social na planificación e desenvolvemento da actividade económica.

Tema 17. A Constitución e a acción exterior do Estado. A organización da Administración exterior do Estado. Os tratados internacionais. Relacións exteriores e actividades con transcendencia no exterior: xurisprudencia constitucional.

Tema 18. As Comunidades europeas: natureza; obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución: o proceso de integración europea. Tratados constitutivos e complementarios. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión. A unión económica e monetaria: Tratado de Amsterdam. A dimensión rexional de Europa.

Tema 19. O dereito comunitario europeo: caracteres. Fontes do dereito comunitario: dereito orixinario e dereito derivado; regulamentos, directivas e decisións; outras fontes. Aplicación e eficacia do dereito comunitario. A integración e transposición do dereito comunitario en España.

Tema 20. As institucións comunitarias: composición, organización e funcionamento. O Consello. A Comisión. O Parlamento. O Tribunal de Xustiza. O Consello Europeo. O Tribunal de Contas. O Comité das Rexións.

Tema 21. As competencias da comunidade. Competencias orixinarias. O desenvolvemento das competencias comunitarias: competencias implícitas e subsidiarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio: fases ascendente e descendente.

Tema 22. As liberdades básicas do sistema comunitario. Libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais. Regras particulares sobre a libre competencia. A cidadanía da Unión Europea

Tema 23. As políticas comunitarias. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. Outras políticas. O euro: o seu réxime xurídico. Outras políticas.

Tema 24. O Estado das autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A autonomía política na Constitución española de 1978: principios xerais; xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía: exposición breve do proceso de implan

tación das autonomías. Os pactos autonómicos de 1992 e o seu desenvolvemento.

Tema 25. Os estatutos de autonomía: significado xurídico-constitucional. Natureza: o estatuto como norma autonómica e como norma estatal. Contido. Interpretación. Procedemento de elaboración dos estatutos de autonomía. Homoxeneidade e diversidade das comunidades autónomas: os chamados feitos diferenciais.

Tema 26. A autonomía galega. Antecedentes históricos. O proxecto de Estatuto de 1936. O Estatuto de autonomía de 1981: proceso de elaboración, estructura e contido. Desenvolvemento do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 27. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. A organización territorial de Galicia. Os símbolos de Galicia. A lingua e a cultura galegas: a normalización lingüística. O recoñecemento da galeguidade.

Tema 28. Bases fundamentais da autonomía galega (II). Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais. Os dereitos dos galegos no exterior: o dereito de participación na vida pública de Galicia.

Tema 29. A organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. Outros órganos estatutarios: o Valedor do Pobo; o Consello de Contas.

Tema 30. O Parlamento de Galicia: carácter; normas que o regulan. O estatus dos deputados autonómicos: privilexios; incompatibilidades. Duración do mandato. Composición. Sistema electoral galego.

Tema 31. O Parlamento de Galicia (II). Organización e funcionamento do Parlamento de Galicia. Réxime de sesións. Adopción de acordos. Funcións do Parlamento de Galicia: función normativa, función de control, función económico-administrativa.

Tema 32. O poder executivo de Galicia. O presidente da Xunta de Galicia: funcións; en particular, a función representativa. Elección do presidente: a súa tramitación; nomeamento. Delegación de funcións e substitución. Incompatibilidades. Cesamento: os privilexios e honras do presidente tralo seu cesamento.

Tema 33. A Xunta de Galicia: natureza e réxime legal. Composición, organización e funcionamento. O Consello como órgano colexiado de goberno: as súas atribucións e réxime de funcionamento e acordos. A preparación das sesións do Consello. Os conselleiros: nomeamento e cesamento; réxime de incompatibilidades; funcións. As comisións delegadas do Goberno: enumeración e funcións.

Tema 34. Relacións da Xunta co Parlamento. Información ó Parlamento polo presidente e polos conselleiros; preguntas, interpelacións e mocións; debate sobre a autonomía. Cuestión de confianza e moción de censura. Disolución do Parlamento.

Tema 35. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía: modelos posibles. Competencias autonómicas para o establecemento dun réxime xurídico: aplicación dos principios xerais do título IV da Constitución.

Tema 36. A Administración pública de Galicia (II). A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Xunta de Galicia: estructura; perspectivas de futuro.

Tema 37. A Administración pública de Galicia (III). A Administración institucional: organismos autónomos; entidades empresariais de dereito público; empresas públicas. A Administración corporativa: colexios, cámaras, confrarías. As fundacións de interese galego.

Tema 38. A Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia: antecedentes; organización; competencias. Competencias da Comunidade autónoma en relación coa Administración de xustiza; os rexistros e o notariado.

Tema 39. As competencias das comunidades autónomas: natureza; clases: exclusivas, compartidas, concorrentes. A reserva de competencias ó Estado do artigo 149: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de cerramento do artigo 149.3º.

Tema 40. As competencias da Xunta de Galicia no Estatuto de autonomía. As transferencias de competencias, funcións e servicios do Estado ás comunidades autónomas: as comisións mixtas e os reais decretos de traspasos: natureza; contido. A valoración dos servicios transferidos.

Tema 41. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco; en especial: as leis de transferencia e delegación; as leis de harmonización. Previsións constitucionais da supletoriedade do dereito estatal; a cuestión na doutrina e na xurisprudencia constitucional.

Tema 42. As competencias normativas das comunidades autónomas: o marco constitucional. O ordenamento xurídico de Galicia. Leis de Galicia: o seu rango e posición constitucional; o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. Decretos lexislativos.

Tema 43. Regulamentos autonómicos: tipos e procedemento de elaboración; intervención das comunidades autónomas na transposición do dereito comunitario. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

Tema 44. A execución autonómica da lexislación do Estado. As facultades estatais de vixilancia e inspección; a alta inspección. A eventualidade da ampliación das competencias executivas das comu

nidades autónomas: a súa eventual configuración como administración territorial primaria; fórmulas de colaboración interadministrativa para a xestión das competencias estatais.

Tema 45. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de participación, colaboración e coordinación. O control da actividade das comunidades autónomas: control ordinario e extraordinario.

Tema 46. As relacións entre administracións públicas (II). As relacións de comunidades autónomas entre si: os convenios e acordos de colaboración e cooperación; prohibición de pactos de federación. As relacións entre as comunidades autónomas e as entidades locais: relacións de colaboración, de coordinación e de control.

Tema 47. A reforma dos estatutos de autonomía. Os procedementos de reforma do Estatuto de autonomía de Galicia: procedemento xeral; procedemento especial.

Dereito administrativo (I):

Parte xeral

Tema 1. A Administración pública: concepto; acepcións. Administración e política: actividade administrativa e actividade política. Administración pública e Constitución.

Tema 2. Administración pública e dereito. O dereito administrativo. Sistemas de dereito administrativo: cualificación do sistema español. A expansión do dereito administrativo. A fuxida do dereito administrativo.

Tema 3. O ordenamento xurídico-administrativo. Fontes do dereito administrativo: caracteres e enumeración. Os principios de reserva de lei e de xerarquía normativa. A autointegración do ordenamento xurídico-administrativo. A codificación do dereito administrativo.

Tema 4. A lei: concepto, natureza e carácter. Lei formal e lei material. Leis orgánicas e leis ordinarias. O procedemento lexislativo. Leis das comunidades autónomas.

Tema 5. Disposicións do Goberno con forza ou valor de lei: natureza da lexislación delegada. O decreto-lei. O decreto lexislativo. O control da lexislación delegada. Figuras semellantes: en particular, a deslegalización.

Tema 6. O regulamento: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clases de regulamento. Órganos con potestade regulamentaria. Os regulamentos dos órganos constitucionais. Requisitos formais e materiais de validez dos regulamentos executivos. Os regulamentos autónomos.

Tema 7. O regulamento (II). Regulamentos autonómicos que desenvolven leis estatais: carácter e natureza. Eficacia normativa do regulamento: a inderrogabilidade singular dos regulamentos. A

impugnación dos regulamentos ilegais. A cuestión de ilegalidade. A revisión de oficio dos regulamentos. Os actos administrativos xerais, as instruccións e as ordes de servicio.

Tema 8. O costume como fonte do dereito administrativo: a doutrina do precedente administrativo; o desuso. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia e a doutrina científica. A aplicación do ordenamento xurídico-administrativo.

Tema 9. O principio de legalidade e as súas manifestacións. As potestades administrativas: concepto e clases. A atribución da potestade. A discrecionalidade administrativa e os seus límites. A desviación de poder e o control da discrecionalidade administrativa. Os conceptos xurídicos indeterminados.

Tema 10. A Administración e os tribunais de xustiza. O principio de autotutela. Conflictos de xurisdicción entre os tribunais e a Administración. O Tribunal de Conflictos.

Tema 11. A relación xurídico-administrativa: concepto e caracteres; clases. Elementos e contido. As administracións públicas como suxeitos das relacións xurídico-administrativas: tipoloxía dos entes públicos. A personalidade xurídica das administracións públicas.

Tema 12. O administrado: concepto e clases. O estatus xurídico do administrado: capacidade e representación; postulación. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: diferencias. Situacións xurídicas pasivas: deberes, obrigas e cargas. As prestacións forzosas.

Tema 13. Os dereitos dos cidadáns na lexislación estatal sobre réxime xurídico e procedemento administrativo común. O dereito ó uso da lingua. O dereito de acceso ós arquivos e rexistros. A colaboración dos cidadáns coa Administración.

Tema 14. Teoría da organización. Entes públicos: entes e órganos. Relacións entre administracións públicas: requisitos. Convenios. Consorcios. Conferencias sectoriais.

Tema 15. O órgano administrativo. Clases de órganos. Creación de órganos administrativos. A competencia: competencia e atribucións. Tipos de competencia. Abstención e recusación.

Tema 16. Relacións interorgánicas. Xerarquía, delegación, avocación, encomenda de xestión, delegación de sinatura, suplencia e substitución, coordinación e comunicación entre órganos. Desconcentración. Conflictos de atribucións. Conferencias sectoriais.

Tema 17. Os actos xurídicos da Administración. O acto administrativo: concepto e caracteres. Clases. Actos presuntos e actos tácitos: o silencio administrativo. Elementos do acto administrativo. En particular, a forma dos actos administrativos: a motivación, a notificación e a publicación. Os chamados actos políticos: natureza e réxime de impugnación.

Tema 18. Validez e eficacia do acto administrativo. Eficacia temporal: suspensión de efectos. Eficacia retroactiva. Cesación da eficacia. O privilexio da executividade dos actos administrativos: fundamento e natureza; executividade e autotutela.

Tema 19. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: presupostos. Medios de execución forzosa. A teoría da vía de feito: estudio xurisprudencial.

Tema 20. A invalidez do acto administrativo. Nulidade de pleno dereito: causas; efectos. Anulabilidade: causas; efectos. Transmisibilidade, conversión, conservación e validación. Irregularidades non invalidantes: erros materiais ou de feito. A invalidez das disposicións administrativas.

Tema 21. Revisión de oficio da validez dos actos administrativos e os regulamentos pola propia Administración. Supostos en que procede. Tramitación: requisitos formais. A declaración de lesividade. A revogación dos actos non declarativos de dereitos.

Tema 22. Os contratos das administracións públicas: actos e contratos; contratos administrativos e contratos privados; contratos e convenios. Natureza e caracteres. Clases. Principios rectores da contratación administrativa: a doutrina dos actos separables. Réxime xurídico vixente. Competencias das comunidades autónomas na materia.

Tema 23. Ámbito de aplicación subxectiva e material da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas: negocios xurídicos excluídos. Elementos do contrato. Órganos que interveñen na contratación administrativa. Requisitos para contratar coa Administración: incapacidades e prohibicións legais.

Tema 24. Actuacións preparatorias da contratación administrativa. O expediente de contratación. Procedementos e formas de adxudicación. Perfección e formalización. Garantías. Invalidez.

Tema 25. Execución dos contratos administrativos: principios; os privilexios da Administración e os seus límites. Cumprimento do contrato: efectos; risco e ventura e forza maior. Modificación e suspensión. Revisión e actualización de prezos. Cesión e subcontratación.

Tema 26. Extinción: exame particular da resolución por incumprimento. O contrato de obras. A concesión de obras públicas.

Tema 27. O contrato de xestión de servicios públicos. O contrato de subministracións.

Tema 28. Os contratos de consultoría, de asistencia e para traballos específicos e concretos non habituais. Os contratos administrativos de réxime especial. Os contratos atípicos.

Tema 29. O procedemento administrativo: concepto, natureza e fins. Clases. Réxime legal: ámbito de aplicación subxectivo e material da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Principios

xerais do procedemento administrativo. Competencias das comunidades autónomas na materia.

Tema 30. Os interesados no procedemento: concepto legal. Capacidade, lexitimación e representación. A participación dos interesados no procedemento. Os actos de ordenación do procedemento: actos de impulso, de dirección e de constancia. Termos e prazos.

Tema 31. Fases de desenvolvemento do procedemento administrativo. Iniciación: formas; emenda e mellora da solicitude; acumulación de expedientes; tramitación de urxencia; adopción de medidas provisionais. Instrucción: alegacións; información pública; probas; audiencia do interesado; proposta de resolución. Exame particular dos informes no procedemento administrativo.

Tema 32. Fases de desenvolvemento do procedemento administrativo (II). Terminación do procedemento: resolución, desistencia, renuncia e caducidade. A terminación convencional. A terminación presunta por silencio. Efectos da terminación do procedemento.

Tema 33. Os procedementos especiais. Exame particular dos procedementos para a elaboración de disposicións de carácter xeral. Procedementos excluídos. Procedementos ós que se aplica supletoriamente a Lei 30/1992.

Tema 34. Os recursos administrativos: concepto e natureza; clases. Réxime legal. Principios xerais: en particular, a reformatio in peius. Requisitos. O procedemento administrativo en vía de recurso. Efectos.

Tema 35. Os recursos administrativos (II). O recurso de alzada. O recurso de reposición. O recurso de revisión: exame particular das causas de interposición; xurisprudencia. Recursos fronte a actos de xestión tributaria: recurso de reposición; en particular, a reclamación económico-administrativa.

Tema 36. A xurisdicción contencioso-administrativa. Sistemas. Sistema español vixente. Natureza, extensión e límites da orde xurisdiccional contencioso-administrativa. Órganos. O recurso contencioso-administrativo. As partes: capacidade, representación e postulación. Representación e defensa das administracións públicas. O obxecto do recurso: actos impugnables.

Tema 37. A xurisdicción contencioso-administrativa (II). O procedemento contencioso-administrativo. O procedemento abreviado. A sentencia: os seus efectos; outros modos de terminación.

Tema 38. A xurisdicción contencioso-administrativa (III). Recursos contra providencias, autos e sentencias. O recurso de casación. A casación para a unificación da doutrina. A casación en interese da lei. O recurso de revisión. Execución de sentencias. Suspensión do acto ou disposición impugnada. Outras medidas cautelares.

Tema 39. Os procesos especiais en materia electoral e de protección dos dereitos fundamentais. O procedemento para as reclamacións previas ás vías xudiciais civil e laboral. A Administración ante a xustiza ordinaria. Os interdictos e a Administración.

Tema 40. A expropiación forzosa: natureza e fundamento. Lexislación vixente. Competencias das comunidades autónomas na materia. Elementos: suxeitos, obxecto e causa. Efectos en relación coa propiedade. Procedemento xeral. Procedementos especiais. Estudio especial da declaración de urxente ocupación.

Tema 41. A expropiación forzosa (II). A garantía patrimonial na expropiación: o prezo xusto e a súa impugnación. Garantías xurisdiccionais fronte á vía de feito, por vicios do procedemento e por lesión. O dereito de reversión: causas; exercicio; efectos.

Tema 42. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: concepto, natureza e fundamento. Evolución lexislativa. A súa regulación na Constitución de 1978: responsablidade da Administración, do Estado lexislador e do Estado xuíz. Innovacións da Lei 30/1992 e da Lei 4/1999. Competencias das comunidades autónomas na materia. Presupostos da responsabilidade patrimonial. Extensión da reparación.

Tema 43. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas (II). Exercicio da acción de responsabilidade. Procedemento xeral. Procedemento abreviado. Responsabilidade de dereito privado. Responsabilidade de autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. Estudio especial en materia de responsabilidade da Administración sanitaria.

Tema 44. A actividade da Administración: formas de acción administrativa; clasificación tradicional e novas orientacións. A actividade de fomento: concepto; manifestacións. As subvencións públicas: concepto, natureza e clases; réxime legal e regulamentario.

Tema 45. A actividade administrativa de policía: concepto, fundamento e límites. Clases de policía. Presupostos lexitimadores da actividade de policía. Os poderes de policía: criterios de aplicación. Medios de policía: regulamentacións administrativas de policía; autorizacións, ordes e mandados; prohibicións.

Tema 46. A potestade sancionadora da Administración: concepto, fundamento e natureza; réxime legal. Principios informadores da potestade sancionadora das administracións públicas. Procedemento sancionador: normativa regulamentaria. Sancións administrativas: análise particular das multas.

Tema 47. A actividade administrativa de servicio público: concepto; evolución; a crise do servicio público clásico e a privatización dos servicios públicos. Formas de xestión: xestión directa, xestión indi

recta e xestión mixta. Os servicios públicos impropios.

Tema 48. A actividade administrativa de servicio público (II). As concesións administrativas: concepto e natureza xurídica; límites. Réxime xurídico. Adxudicación. Contido. Modificación e extinción; rescate e reversión. Efectos. Os servicios de interese xeral; as chamadas obrigas de servicio público: clases. Títulos habilitantes para os servicios de interese xeral

Tema 49. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: concepto e natureza; réxime xurídico. Os bens do patrimonio nacional e do patrimonio cultural.

Tema 50. O dominio público: concepto e natureza; elementos. Réxime xurídico do dominio público: caracteres; prerrogativas da Administración; adquisición, uso e aproveitamento; disposición; desafectación. As concesións do dominio público. Os bens comunais.

Dereito administrativo (II):

Organización, emprego público e servicios

Tema 1. A Administración xeral do Estado. Órganos centrais: o Consello de Ministros; as Comisións Delegadas do Goberno; a Comisión de Secretarios de Estado e Subsecretarios. O presidente do Goberno; os vicepresidentes do Goberno. Os ministros, os secretarios de Estado, subsecretarios, directores xerais e secretarios xerais técnicos. Órganos periféricos: delegados do Goberno; subdelegados do Goberno; outros órganos.

Tema 2. A Administración institucional. Organismos autónomos; entidades públicas empresariais; sociedades públicas. Corporacións públicas non territoriais. Fundacións públicas.

Tema 3. A Administración consultiva: natureza xurídica dos órganos da Administración consultiva. A Administración consultiva na Constitución española de 1978: o artigo 107. Consello de Estado e órganos consultivos das comunidades autónomas: doutrina xurisprudencial.

Tema 4. O Consello de Estado: evolución histórica. Réxime vixente. Composición. Organización. Funcionamento.

Tema 5. O Consello de Estado (II). Competencias: competencias do Pleno; competencias da Comisión Permanente. O artigo 23 da LOCE. Dictames preceptivos e dictames facultativos.

Tema 6. O Consello Consultivo de Galicia: natureza. Réxime vixente. A autonomía funcional do Consello Consultivo de Galicia. Composición. Presidente. Conselleiros. Secretario.

Tema 7. O Consello Consultivo de Galicia (II). Competencias. Carácter dos dictames. Consultas. Dictames preceptivos. Dictames facultativos. Fórmula de incorporación de dictames. Dictames e informes: os informes doutros órganos de consulta

e asistencia xurídica; as súas diferencias cos dictames. Interpretación do regulamento. Memorias.

Tema 8. O Consello Consultivo de Galicia (III). Persoal do Consello. Letrados. Outro persoal do Consello. Réxime estatutario; réxime disciplinario: normativa de aplicación. O orzamento do Consello.

Tema 9. O Consello Económico e Social de Galicia: natureza; réxime vixente. Composición. Competencias. Organización e funcionamento. Outros órganos consultivos colexiados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 10. A Administración local: evolución histórica; réxime legal vixente. Posición constitucional de municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local: doutrina xurisprudencial. A Administración local en Galicia; especial referencia á comarca e á parroquia rural.

Tema 11. O municipio: concepto; o seu réxime legal. Elementos: poboación e territorio; estudio especial da alteración de termos municipais. Organización. Competencias. Eleccións locais.

Tema 12. A provincia: concepto; o seu réxime legal. Elementos. Organización. Competencias. Réximes especiais municipais e provinciais.

Tema 13. Réxime xurídico das corporacións locais: impugnación de acordos. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Bens e servicios das corporacións locais. Contratación das corporacións locais.

Tema 14. Función pública e burocracia. A función pública española: antecedentes e evolución. A reforma da función pública de 1984; modificacións posteriores. Estructura da función pública española: función pública estatal, autonómica e local. Órganos superiores da función pública.

Tema 15. Réxime funcionarial e réxime estatutario: a aplicación subxectiva da Lei 30/1984. Selección de funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario; formación e perfeccionamento. Funcionarios interinos. Selección de persoal laboral. O acceso á función pública dos nacionais de estados membros da Comunidade Europea.

Tema 16. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. A carreira administrativa: grao persoal; promoción interna. Plans de emprego. Situacións administrativas.

Tema 17. Dereitos dos funcionarios públicos: esquema xeral. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

Tema 18. A función pública en Galicia: bases do seu réxime xurídico. Normativa legal e regulamentaria en materia de función pública galega: peculiaridades. Persoal funcionario: persoal laboral. O

convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 19. Administración territorial. Planificación do territorio: a comarcalización de Galicia. Administración xudicial. Administración interior. Policía autonómica. Coordinación de policías locais. Protección civil. Xogos e apostas.

Tema 20. Ordenación do territorio. Solo e ordenación urbana. Vivenda.

Tema 21. Obras públicas. Estradas. Transportes. Obras hidráulicas.

Tema 22. Costas e portos. Réxime xurídico das augas terrestres.

Tema 23. Agricultura. Estructuras agrarias. Arrendamentos rústicos. Concentración parcelaria. Gandería. Vías pecuarias. Producción e comercialización agropecuaria.

Tema 24. Medio ambiente. Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Montes: producción forestal; aproveitamentos forestais. Os montes veciñais en man común. Espacios naturais protexidos. Caza e pesca fluvial.

Tema 25. Pesca, marisqueo e acuicultura. Réxime xeral de aproveitamentos. Réxime sancionador.

Tema 26. Actuación administrativa na industria. Regulación e intervención no sector enerxético. As minas. Hidrocarburos. Protección de pedras ornamentais.

Tema 27. Administración económica. A actividade administrativa de fomento das actividades económicas: o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). A planificación da actividade económica. O sector público da economía galega. Os avais públicos.

Tema 28. Comercio interior. Comercio exterior. Defensa da competencia. Disciplina do mercado. Consumo. O Estatuto Galego do Consumidor e Usuario.

Tema 29. Educación non universitaria. Universidades e investigación.

Tema 30. Saúde pública. Sanidade interior. O Servicio Galego de Saúde (Sergas): organización e competencias. Formas de Xestión da Sanidade Pública. Ordenación farmacéutica.

Tema 31. Servicios sociais e asistencia social. Protección de menores. Promoción xuvenil. Cultura. Patrimonio cultural. Turismo. Tempo libre. Medios de comunicación social. Deportes.

Tema 32. Relacións laborais: competencias autonómicas. Emprego: promoción do emprego. Os servicios de colocación. Formación profesional e ocupacional.

Tema 33. Dereito das telecomunicacións. Prensa, radio e televisión. A Compañía de Radio Televisión de Galicia.