Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a Lei 4/1999, de modificación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre a Lei 4/1999, de modificación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos asistentes sobre as novidades introducidas pola Lei 4/1999, de modificación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Principios de relación entre cidadáns e administracións públicas e destas entre si.

-O silencio administrativo.

-Actos administrativos.

-Os recursos administrativos.

-Potestade sancionadora.

-Responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e persoal.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela) os días 17 e 18 de marzo de 1999.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 15 de marzo de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4-15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convo

catoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 16 de marzo, por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública