Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de febreiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta do expediente de desafiuzamento por non ocupación 77/1998, por resultar descoñecido o seu domicilio.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente para a resolución dos contratos, prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación á proposta perante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, poderá alegar por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, propoñendo as probas que crea oportunas no seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por rematado o trámite e o expediente seguirá o seu curso.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 2 de febreiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 77/1998.

Adxudicatario: Ángel Arias Pérez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: polígono de Esteiro, bloque 22, P-9. 5º Dta. (Ferrol).

(C-82/010, conta 108)