Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de febreiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente C-40-IV/76, conta 91).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícaselle ó interesado cos datos e último domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados

e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario; expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 1 de febreiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Gerardo Lago Míguez e herdeiros.

Expediente C-40-IV/76 (DP-D 53/98).

Conta: 91.

Polígono de Elviña II fase, bloque 16, P-1, 9º B (A Coruña)

Importe débeda: 1.975.653 ptas.