Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciaición dos procedementos sancionadores de montes 98/138MP e 98/149MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei de montes, de 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial de Medio Ambiente.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos- e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 2 de febreiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 98/138MP.

Denunciado: Otero Alvite, Maximino.

Último enderezo coñecido: Couso de Arriba-Campolongo-Negreira.

Feitos denunciados: corta sen autorización.

Tipificación Lei de montes: artigo 432.

Sanción proposta: 34.500 ptas.

Expediente: 98/149MP.

Denunciado: Castro Tato, Jose Mª.

DNI: 76.451.638.

Último enderezo coñecido: Porto, 43, Conxo, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: corta sen autorización.

Tipificación Lei de Montes: artigo 432.

Sanción proposta: 26.000 ptas.