Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios 359I/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolví publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pago voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de

manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 2 de febreiro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 359I/97.

Denunciado: Castiñeira Lista, Alicia.

DNI: 32.347.658.

Último enderezo coñecido: Avda. Alfonso Molina, 32-11 I, A Coruña.

Feito denunciado: queimar en época prohibida.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.A; cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.