Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 25, do 8 de febreiro de 1999, cómpre proceder á súa rectificación:
Na páxina 1.363, no artigo 1, hai que suprimi-lo seguinte texto: «...agás as empresas que elaboren xornais e revistas».
Na páxina 1.365, no artigo 11, punto 4, onde di: «....expedida pola correspondente delegación ou axencia do Ministerio de Economía e Facenda», debe dicir: «... expedida pola Tesourería da Seguridade Social».
Na páxina 1.366, no recadro da lexislación vixente, onde di: «Orde do 28 de xaneiro de 1998 ...», debe dicir: «Orde do 14 de xaneiro de 1999 ...».
Na páxina 1.367, no cadro correspondente a «subvencións outorgadas en anteriores convocatorias», onde di: «ano 1997, 1996, 1995», debe dicir: «ano 1998, 1997, 1996».