Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.241

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de febreiro de 1999 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e dun dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 227/1998, do 10 xullo (DOG do 6 de agosto), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en repre

sentación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Eduardo Jiménez Domínguez, en substitución de Guadalupe Hervera Iglesias.

Artigo segundo.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Guadalupe Hervera Iglesias, en substitución de Lourdes Pardo Rodríguez.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais