Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.236

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PATRONATO PROVINCIAL DE TURISMO RÍAS BAIXAS

ANUNCIO.

Aprobado pola Xunta Rectora do Padroado, na súa sesión do 18 de febreiro de 1999, o expediente de contratación para a realización dun plan de publicidade dunha campaña de promoción turística, exponse ó público durante o prazo de oito días o prego de condicións correspondente para efectos de reclamacións, anunciándose ó mesmo tempo a licitación para presentación de proposiciósn, conforme o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

1. Entidade adxudicadora: Padroado de Turismo Rías Baixas.

2. Obxecto do contrato: plan de publicidade de campaña de promoción turística no prazo dun mes.

3. Procedemento: urxente, aberto e por concurso.

4. Orzamento base: 25.000.000 de pesetas.

5. Garantía: 2% a provisional e 4% a definitiva.

6. Documentación e información: Secretaría do Padroado Provincial. Pazo Provincial. Teléfono 986 80 41 08 e fax 986 80 41 24.

7. Presentación de proposicións: 13 días naturais no rexistro do padroado.

8. Apertura plicas: ás 13 horas do xoves seguinte a fin do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1999.

Manuel Vilar Márquez

Presidente executivo do Padroado Provincial

de Turismo Rías Baixas

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario-Administrador