Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

EDICTO.

Tendo entrada no concello con data do 30 de decembro de 1998 o avance do proxecto de ordenación do medio rural e execución de cartografía no Concello de Trasmiras, que redactou a empresa adxudicataria do traballo, Avogados Menor S.C. FEMA, Grupo de Xestión Técnico Urbanística (Ourense), e que se está levando a cabo en virtude da subvención concedida pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública, polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Trasmiras, 21 de xaneiro de 1999.

Jaime Garrido Sotelo

Alcalde