Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de renovación de bairarrúas e execución de gabias na avenida das Caldas.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1209.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do proxecto de renovación de bairarrúas e execución de gabias na Avda. das Caldas.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 120 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

4.1. Importe total: 12.892.714 pesetas, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 257.854 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 515.708 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserto o anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios da adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 25 de novembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde