Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 6603/1998, do 31 de decembro, aprobouse o expediente administrativo, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración denominada subministración e instalación dun cluster para Windows NT polo importe de 6.500.000 ptas.

O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da licitación no BOP, ata as 13 horas.

O prego de cláusulas administrativas particulares poderá recollerse na Secretaría do Concello de Oleiros, das 9 ás 13 horas.

Oleiros, 14 de xaneiro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa