Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica. (Expediente 1/1999).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 1/1999.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: dotación de infraestructura ó laboratorio docente de ciencias dos materais da escola universitaria de Ensxeñería Técnica Industrial. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: 90 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 2.700.000 ptas. IVE incluído.

5. Garantías: Provisional 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentos e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46 2ª planta. c) Localidade e código postal Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª. Domicilio: r/ Arenal nº 46 planta baixa. 3ª. Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-al súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: no se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal nº 46 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d)Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos do anuncio: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 18 de febreiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo