Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o arrendamento sucesivo de impresoras, ordenadores persoais e software de base para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (S-56/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: os centros e dependencias de entrega indicaránselle á empresa que resulte adxudicataria.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban arrendarse:

Impresoras, ordenadores persoais e software de base.

Número de referencia CCP: 451 b (impresoras) e 452 (ordenadores).

Consumos calculados:

Un mínimo de 50 impresoras por ano.

Un mínimo de 200 ordenadores por ano.

Orzamento total: noventa e seis millóns setecentas vinte mil pesetas (96.720.000 ptas., IVE incluído).

c) Indicacións relativas a posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

4. Plazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.

5. a) Nome e enderezo do servicio o que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 18 de marzo de 1999.

6. a) Data límite de receptción das ofertas: 27 de marzo de 1999.

b) Enderezo ó que deben difixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático á norte) ás 9.30 horas A.M. do día 30 de marzo de 1999.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados a partir da data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 6.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado: 29-12-1998.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 19 de febreiro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Dirección xeral da División de Recursos

Económicos