Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/18-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: reforma C.T. Almirante Moreno.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: ramal de 10 m de lonxitude a 20 kV que parte da L.M.T.S. Caixa de Aforros-oficina, pasando polo centro de transformación de 400 kVA, en Almirante Moreno a 20.000+-2,5-5%/400 V. Concello de Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña