Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/285-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Xafeita.

Situación: Vilasantar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,441 km con orixe na liña 6 de subestación Cesuras, tramo C.T. Mezonzo-C.T. Pazo de Mende e final no C.T. proxectado Xafeita. C.T. tipo intemperie Xafeita, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. L.B.T. cunha lonxitude de 0,175 km. Orixe no C.T. proxectado Xafeita, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña