Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1530; XG-092, entre Ourense e San Tomé, con anexos, por substitución da concesión: V-1530; XG-092, de Ourense a Toén, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data de 18 de novembro de 1998, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á Empresa Toén, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1530; XG-092, entre Ourense e San Tomé, con anexos, por substitución

da concesión: V-1530; XG-092, de Ourense a Toén, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

-Ourense, Cabeza de Vaca, empalme Parada, sanatorio de Piñor, Piñor, Mugares, Fondón, cruzamento As Moas, Toén, Fonte Larelle, Larelle, Xestosa, Ramirás e San Tomé.

-Piñor, Parada e empalme Parada.

-Cruzamento As Moas, Trellerma, cruzamento Moreiras e Trelle.

-Xestosa, Castiñeiras, San Fiz e Celeirón.

-Mugares, Moreiro, Outeiro, Corredoira, Reguengo, Outeiro, Rosario e Toén.

II.-Expedicións.

San Tomé-Xestosa-Toén-cruzamento As Moas-Mugares-Piñor-sanatorio de Piñor-empalme Parada-Ourense (24,3 km)

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados.

San Tomé-Xestosa-Toén-cruzamento As Moas-Mugares-Piñor-Parada-empalme Parada-Ourense (25,1 km).

-Unha expedición de ida e dúas de volta os domingos e festivos.

Toén-cruzamento As Moas-Mugares-Piñor-sanatorio de Piñor-empalme Parada-Ourense (12,8 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición máis de ida e volta os días lectivos.

-Dúas expedicións de ida e volta os sábados.

Trelle-cruzamento As Moas-Toén-Outeiro-Mugares-Piñor-sanatorio de Piñor-empalme Parada-Ourense (18 km).

-Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta os sábados.

Piñor-Parada-empalme Parada-Ourense (6,1 km).

-Tres expedicións de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

Celeirón-Xestosa-Toén-cruzamento As Moas-Mugares-Piñor-sanatorio de Piñor-empalme Parada-Ourense (22,5 km).

-Dúas expedicións de ida e volta os luns e os venres laborables.

Toén-Outeiro-Corredoira-Reguengo-Outeiro-Mugares-Piñor-sanatorio de Piñor-empalme Parada-Ourense (18,4 km).

-Dúas expedicións de ida e volta os martes e os xoves laborables.

Ourense-sanatorio de Piñor-Piñor (5,3 km).

-Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

III.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 8,0215 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,5830 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,2032 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes