Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 20 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes (Diario Oficial de Galicia número 143, do 27 de xullo), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a súa publicación.

En sesión celebrada o 12 de febreiro de 1999, rematado o prazo establecido para a presentación de reclamacións contra as listas provisionais de aprobados nas probas para la constatación da capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada e axencia de transportes de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor,

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Elevar a definitivas e publica-las listas de aprobados das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda e nos servicios provinciais de transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal