Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (360/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o día 8 de xaneiro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual da normativa do solo no urbanizable rústico (común) establecendo unha ordenanza particurlar para o uso de matadoiro e tratamento de subproductos na parcela na que están edificadas as instalacións de Coren en Sta. Cruz de Arrabaldo, a pedimento do Concello de Ourense. E

2. Somete-lo expediente a información pública.».

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no tercerio andar da Casa do Concello na Praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 19 de xaneiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-Presidente