Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 12 de febreiro de 1999 polo que se fai pública a convocatoria para a contratación temporal de dous técnicos superiores en sistemas de información.

O Servicio Galego de Saúde anuncia a convocatoria para a contratación temporal de dous técnicos superiores en sistemas de información para a Unidade de Tarxeta Sanitaria con sede en Santiago de Compostela.

Requisitos: licenciado universitario con titulación de carácter técnico (informática, matemáticas, enxeñería, física...) cun ano de experiencia profesional no contorno de sistemas de información orientados á xestión sanitaria.

A convocatoria e os baremos para a selección figuran expostos nos taboleiros de anuncios deste centro directivo e das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

As solicitudes para participar no proceso, que están á diposición dos aspirantes nos centros anteriormente referidos, deberán presentarse no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, e deberán dirixirse ós servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos