Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de febrerio de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación das adxudicacións definitivas das contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

I. Subministracións de equipamento de 4 equipos odontolóxicos e 4 aparellos de raios-X dental para diversos centros de saúde.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-36/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministracións de 4 equipos odontolóxicos e 4 aparellos de raios-X dental para diversos centros de saúde.

c) Lote: dous lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 219, do 11 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas., IVE incluído).

Lote nº 1: 4 equipos odontolóxicos. 17.400.000 ptas.

Lote nº 2: 4 aparellos RX-dental. 2.600.000 ptas.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: 4 equipos odontolóxicos.

a) Data: 18 de decembro de 1998.

b) Contratista: Galident, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaseis millóns setecentas oitenta mil pesetas, IVE incluído (16.780.000 ptas., IVE incluído).

Lote nº 2: 4 aparellos rx. dental.

a) Data: 18 de decembro de 1998.

b) Contratista: Galident, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns catrocentas setenta mil pesetas, IVE incluído (2.470.000 ptas., IVE incluído).

II. Subministracións sucesivas de equipamento para as dependencias da central de coordinación de urxencias médicas (061).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-37/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministracións sucesivas de equipamento para as dependencias da central de coordinación de urxencias médicas (061).

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 219, do 11 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns setecentas setenta e seis mil pesetas, IVE incluído (4.776.000 ptas., IVE incluído).

Lote único.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de decembro de 1998.

b) Contratista: Sutega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns oitocentas sesenta e oito mil seiscentas setenta e catro pesetas, IVE incluído (3.868.674 ptas., IVE incluído).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos