Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación de nomeamento de novo instructor e secretaria formulados no expediente sancionador GA-P-27/1998, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Neste Servicio de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra tramítase expediente sancionador GA-P-27/98, seguido contra a empresa operadora Recreativos Rías Altas, S.A. e contra Juan Carlos Moimenta Puente, titular do establecemento denominado Taberna de Baco, sito en Avda. de Santiago, nº 28 do concello da Estrada.

En tal expediente o director xeral de Interior dictou resolución con data do 9 de decembro de 1998 pola que se acorda nomear, con efectos desde a devandita data, novo instructor do expediente a Juan Girón Astray, e secretaria deste a Clara Eugenia García Bermúdez, deixando sen efecto os anteriores nomeamentos.

O que se pon no seu coñecemento, coa indicación de que os nomeados poderán ser recusados de acordo cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1999.

Juan Girón Astray

Instructor