Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de febreiro de 1999 pola que se autoriza definitivamente o centro privado Dobao Imagen de Lugo, para imparti-los ciclos formativos de grao medio de perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de imaxe persoal.

Examinado o expediente que presenta María Jesús Pérez Rodríguez, solicitando autorización para a apertura e funcionamento do centro privado Dobao Imagen de Lugo, para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de imaxe persoal.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real Decreto 629/1995 (BOE do 21-9-1995) polo que se establece o título de técnico en perruquería, Real decreto 630/1995 (BOE do 22-9-1995) polo que se establece o título de técnico en estética persoal decorativa, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Avda. Carrero Blanco, 222-224 baixo e Entlo.

Código do centro: 27016431.

Denominación específica: Dobao Imagen.

Titular: Dobao Imagen, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: imaxe persoal.

-1 ciclo formativo de grao medio de perruquería (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa (1 unidade para 30 alumnos).