Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999 pola que se fai público o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 18 de decembro de 1998, aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

En cumprimento do citado acordo ordénase a publicación no DOG do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento

Tecnolóxico (1999-2001)

1. Introducción.

O obxectivo fundamental de calquera Administración pública debe de se-la consecución, no seu ámbito, do maior grao de desenvolvemento econó

mico e social, orientando tódolos seus recursos e estratexias á producción sostible de riqueza, como fonte de benestar social.

O motor do desenvolvemento ten que se-lo sector productivo empresarial. Este velará desde logo polos seus propios intereses, pero non obstante, a Administración deberá de contribuír a crea-las condicións máis propicias para o seu adecuado fortalecemento e competitividade.

Con independencia dos distintos modelos econométricos que os expertos poidan adoptar, ninguén dubida xa de que dos diversos axentes que concorren na dinámica productiva empresarial, os capitais humano e científico-tecnolóxico poden xogar un papel comparable ó do tradicional capital físico, xa que contribúen á competitividade a través da innovación. Neste contexto a innovación empresarial convértese nun obxectivo estratéxico de gran valor.

O eixe da innovación empresarial é, obviamente, a innovación tecnolóxica, que debe ir acompañada, sen embargo, doutras medidas innovadoras, co fin de garantir unha maior eficacia. Por outra parte, a tecnoloxía obtense polo desenvolvemento de resultados da investigación aplicada, que á súa vez está soportada pola investigación básica. Defínese así a

cadea, que non ten que ser lineal, Investigación-Desenvolvemento Tecnolóxico-Innovación (IDTI), como unha ferramenta que conduce ó desenvolvemento socioeconómico. Como se observa, á cadea tradicional IDT estáselle engadindo a Innovación, xa que neste contexto non parece razoable nin conveniente illar ambas partes. Actualmente recoméndase, cada vez con máis insistencia, artellalas no maior grao posible de cara a reforza-lo proceso innovador.

Para poñer en marcha o proceso IDTI requírese a existencia duns elementos, ademais do sector productivo empresarial e da administración xa mencionados. En efecto, terá que haber centros de investigación (universidades e centros públicos de investigación (OPIs)), así como centros tecnolóxicos. O conxunto de todos estes elementos configura o Sistema Ciencia- Tecnoloxía-Empresa (SCTE).

A eficacia do proceso IDTI require, por outra parte, unha planificación seria, na que se establezan obxectivos e prioridades de cara ós que se orientarán os medios dispoñibles, a través dos programas e instrumentos adecuados. Deste xeito defínese un Plan de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PIDT), que constitúe o instrumento operativo do SCTE.

Sobre a planificación da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación inciden en España, cando menos, tres administracións: a Administración autonómica rexional, a Administración do Estado e a da Unión Europea. Se ben é certo que os obxectivos estratéxicos de cada unha delas poden te-lo seu propio ámbito, rexional, estatal e europeo, a ninguén lle escapa que calquera acción do Plan Nacional ten a súa execución a través do SCTE dunha Comunidade Autónoma e repercute nela, directa e indirectamente, e o mesmo ocorre coas accións do Programa Marco da UE. Por outra parte, as accións dun Plan Autonómico, na medida que benefician a Comunidade Autónoma, benefician tamén e á vez o Estado e a UE. Non se pode esquecer que estamos no Estado das Autonomías e na Europa das Rexións. Estado e Europa que sen rexións se converterían en conxuntos baleiros. De tódolos modos, a proximidade da rexión ó seu sector empresarial, así como ó seu sistema IDT, concédelle unha situación de

privilexio para coñece-las súas deficiencias e os problemas que lle afectan e tamén para dispoñe-los instrumentos máis adecuados para a súa solución.

A análise anterior conduce a dúas reflexións de importancia. A primeira é que a Comunidade Autónoma, como rexión, está chamada a desempeñar un papel fundamental e insubstituíble no conxunto do proceso IDTI. A segunda é que as tres administracións que planifican sobre a IDTI, aínda que con perspectivas distintas, están chamadas a entenderse e a lograr un certo grao de sintonía de cara ó reforzo mutuo das súas accións e a logra-la necesaria optimización de recursos. Para iso, cómpre establecer un marco de actuación razoable, baseado en principios de subsidiariedade, de complementariedade e de sinerxia, no que a Comunidade Autónoma desempeñe o seu papel relevante e tamén será necesario definir instrumentos adecuados para levalo á práctica. A este respecto recórdase que as admi

nistracións do Estado e Europea teñen, ou deben ter, como obxectivo adicional o propicia-la cohesión entre rexións.

Hai outro aspecto importante que incide sobre o deseño do proceso IDTI e que marca perfís adicionais ó papel da rexión, á vez que resalta a súa importancia. Trátase da marcha acelerada de cara á globalización e a internacionalización da economía. Esta nova dimensión non só define tendencias globais novas no proceso de desenvolvemento socioeconómico, senón que ademais, segundo tódolos expertos, crea a esixencia de que existan áreas rexionais moi ben acondicionadas, con servicios de calidade, propicias para a competitividade e a exportación. A competitividade resulta ser un fenómeno bastante local, baseado en núcleos de empresas exportadoras asentadas en territorios (cidades ou rexións) que crearon condicións favorables para un alto desempeño empresarial. Polo tanto, tamén baixo esta perspectiva se resalta o papel das rexións, se ben neste caso como centros de redes internacionais de actividades productivas, con empresas competitivas internacionalmente, que se alimentan do seu

potencial endóxeno, da colaboración con outras empresas e co sistema IDT e, en xeral, da súa interacción cun contorno propicio, ben dotado en servicios.

Así pois, Galicia, como Comunidade Autónoma rexional, ten que asumir plenamente o protagonismo que lle corresponde na planificación e a execución da IDTI, tanto desde o punto de vista xeral xa comentado, como desde a perspectiva creada pola globalización da economía.

Sen perder de vista a busca das necesarias sintonías baixo o marco das administracións estatal e europea, nin tampouco a referencia internacional da actividade productiva, Galicia centrará a súa atención no seu propio desenvolvemento, no seu sector productivo, no seu sistema CTE e en poñer en marcha o seu propio Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT).

O PGIDT dirixirá tódolos seus esforzos a aumenta-lo potencial endóxeno innovador das empresas galegas e tamén a crear no seu contorno condicións favorables á competitividade. Competitividade e desenvolvemento tecnolóxico son indisolubles e o avance nas capacidades científico-tecnolóxicas endóxenas é requisito para calquera estratexia competitiva sostible. Por iso resulta moi conveniente, se non necesario, entronca-la innovación coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

2. Bases para a elaboración do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT).

O de PGIDT que se presenta no punto seguinte está fundamentado no coñecemento dos distintos elementos que configuran o SCTE de Galicia e en particular do sector productivo empresarial en canto ás súas actitudes e demandas de investigación tecnolóxica e innovación. Como se indicou desde o comezo, preténdese, como obxectivo, que a demanda empresarial sexa o motor do sistema. Para isto utilizáronse distintos instrumentos que se indican a continuación xunto co resumo dalgunhas conclusións máis significativas.

2.1. Instrumentos utilizados.

Marco legal:

Pártese do establecido na Lei 12/1993, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Cabe destacar que no seu Art. 4.4 di que o Plan «fomentará, igualmente, a investigación aplicada, así como o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación industrial». Neste sentido é correcta a inclusión nel da innovación como programa.

Consideráronse igualmente a Lei estatal 13/1986, así como a normativa da Unión Europea.

Plans estatal e europeo:

Tivéronse en conta tamén a existencia e as características do III Plan Nacional, así como do IV e V Programas Marco da Unión Europea, este último en fase de aprobación definitiva.

Informes varios:

Analizáronse os informes COTEC 1997 e 1998 sobre Tecnoloxía e Innovación en España, así como a publicación da mesma fundación «O Sistema Español de Innovación. Diagnósticos e Recomendacións».

Nesta mesma liña tivéronse en conta diversos documentos emitidos pola Comisión Europea, entre outros o Libro Verde sobre Innovación, o documento COM(96) 589 «Primeiro Plan de Acción para a Innovación en Europa» e o documento COM(96) 275 «Reforzo da Cohesión e a Competitividade a través da Investigación, o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación». En todos estes informes indicados, sobre todo nos da Unión Europea, insístese cada vez máis na necesidade de relacionar e conectar a IDT e a innovación. A inclusión no plan dun programa de apoio a innovación é unha das características novas.

En relación coa situación socieconómica de Galicia, analizáronse, entre outros, a memoria sobre a situación económica e social de Galicia 1996 publicada polo Consello Económico e Social (CES). Tamén a publicación Galicia en cifras anuario 1996, editado polo Instituto Galego de Estatística (IGE), así como A Economía Galega, Informe 1996/97 editado polo Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (Idega).

Enquisas xerais:

Utilizáronse como ferramentas útiles para un mellor coñecemento da situación, interese e necesidades das empresas galegas nos distintos aspectos da IDT e innovación. En concreto contouse cos resultados dos seguintes estudios:

Enquisa 1: Situación das empresas galegas en IDT e innovación.

Enquisa 2: Interese das empresas galegas en proxectos IDT e innovación.

Enquisa 3: Análise das necesidades das empresas galegas en materia de innovación.

Enquisa 4: Necesidades tecnolóxicas da empresa galega. Sector da pesca.

Enquisa 5: Necesidades tecnolóxicas da empresa galega. Sector agroalimentario.

Os detalles de realización destas enquisas recóllense no cadro I.

Xornadas:

A realización de xornadas, ben sectoriais, ben de máis ampla convocatoria, permitiu un coñecemento detallado do quefacer, e inquietudes, dos grupos de investigación que desenvolven os seus traballos nos diversos campos, así como favorece-lo contacto entre os integrantes dos grupos con intereses científicos afíns. As xornadas desenvolvidas foron as seguintes:

1. Xornadas sectoriais de traballo sobre investigación mariña en Galicia.

2. Xornadas sectoriais de traballo sobre investigación agropecuaria en Galicia.

3. Xornadas sectoriais de traballo sobre investigación en medio ambiente en Galicia.

4. Encontro de biotecnoloxía no ámbito agropecuario.

Os detalles de organización e desenvolvemento recóllense no cadro II.

Cabe subliñar que tódalas xornadas anteriores, que afectan ós programas que se propoñen como prioritarios, se organizaron coa colaboración e participación de tódalas institucións investigadoras con sede en Galicia (universidades e OPIs). As conclusións das xornadas 1, 2 e 3 figuran recollidas en tres publicacións editadas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Asistencia a congresos:

1. Cohesion, Competitiveness and RTDI: Their Impact on Regions.

Maastricht, The Netherlands, 28-29 May 1998.

2. 2nd International Conference on Technology, Policy and Innovation.

Lisboa, Portugal, 3-5 August 1998.

Os congresos, que poden parecer algo anecdótico, cítanse porque constitúen unha referencia moi importante, xa que poñen de manifesto o enfoque e a tendencia que en diversos lugares e circunstancias se veñen poñendo en práctica en relación coa IDT para a innovación.

2.2. Diagnóstico resumo.

A análise de tódolos datos manexados permite bosquexa-lo seguinte esquema, a modo de resumo, onde se recollen as máis subliñables carencias e necesidades dos distintos elementos do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia.

Sector productivo empresarial.

Hai dous sectores primarios importantes no contexto socioeconómico de Galicia, agricultura e pesca,

que deben ser potenciados para mellora-la súa rendibilidade e aproxima-la súa productividade ás súas posibilidades. A renovación das estructuras productivas e a opción de produccións alternativas son aspectos que cómpre ter en conta.

O ambiente require tamén atención en Galicia como base para un desenvolvemento global sostible.

O grao de innovación empresarial en Galicia é, en xeral, baixo e medra co tamaño da empresa. Con frecuencia está vencellado á tecnoloxía que adquiren e prodúcese con atraso.

Obsérvase certo grao de descoñecemento dos conceptos e dos termos relativos á innovación, á vez que o recoñecemento do seu papel como factor de competitividade tampouco é moi xeral. Poucas empresas poden determina-la porcentaxe de vendas que se deben á súa actividade innovadora.

A elevada porcentaxe (91,98%) de empresas con moi poucos empregados (menos de 5), e o seu alto grao de diseminación.

O carácter básico é por tanto bastante común nas necesidades empresariais de tipo tecnolóxico, de formación, información, etc.

Como consecuencia do anterior, non son moitas as empresas que teñen formalmente planificada a súa actividade innovadora, ou que teñen orzamentos de I+D e o número de patentes é baixo. É dicir, a innovación poucas veces forma parte da política empresarial.

En xeral, hai tamén bastante descoñecemento das infraestructuras de apoio á innovación, falta de confianza nelas ou cando menos falta de comunicación. O que provoca que o grao de cooperación con elas sexa escaso. Con frecuencia tampouco coñecen cales son os órganos da Administración competentes para axudarlles.

En consoancia con todo o anterior, as empresas galegas teñen pouca tendencia a crear emprego tecnolóxico, sobre todo para profesionais de alta cualificación en investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Como xa se apuntaba ó principio, a innovación atópase con especiais e maiores dificultades canto menor é o tamaño da empresa.

Por outra parte detéctase unha relación positiva entre capacidade de exportación e innovación empresarial, á vez que se constata que as empresas líderes no sector teñen actividades de innovación tecnolóxica. A pertenza a asociacións ou clusters favorece a innovación.

Pese a todo o indicado, obsérvase que cada vez se está concedendo maior importancia ó control de calidade e que cando se interacciona suficientemente coas empresas se detecta unha actitude positiva de cara ós temas de innovación, capaz de ser aproveitada. Esta actitude positiva esténdese ó Plan Galego de IDT, ata o punto que un bo número de empresas estarían dispostas a implicarse activamen

te nel, por medio do cofinanciamento de accións, e para o que se demandan accións de impulso á innovación tecnolóxica.

Universidades e OPIs.

A investigación e o desenvolvemento nas universidades e os centros públicos mellorou sensiblemente nos últimos anos en España e en particular en Galicia, neste último caso gracias, sen dúbida, ó notable esforzo que vén realizando a Xunta de Galicia.

Galicia ten un potencial tecnolóxico moi importante no seu sistema público de I+D, sobre todo nas súas universidades.

Malia os recoñecidos esforzos realizados neste sentido coa creación de institutos de investigación, e outros, as actividades investigadoras e docentes das universidades non están determinadas polas necesidades do seu contorno socioeconómico no grao que razoablemente sería desexable e a súa capacidade de resposta ás necesidades cambiantes, sobre todo no ámbito da formación, é aínda escasa.

A comunicación co sector productivo empresarial, que tamén experimentou progresos a través da fundación universidade-empresa, oficinas e centros de transferencia, é insuficiente para crear un clima de coñecemento e confianza efectivo para a cooperación e está necesitada de coordinación.

Centros tecnolóxicos.

Como xa se viu anteriormente, as infraestructuras tecnolóxicas de apoio á innovación están pouco desenvolvidas en Galicia. Hai poucos centros tecnolóxicos e o seu grao de vencellamento co sector empresarial é débil en moitos casos. O nexo a través deles entre as universidades e OPIs e as empresas é aínda moi pouco efectivo.

Como consecuencia diso, as empresas demandan centros tecnolóxicos, sobre todo de tipo sectorial, enraizados no mundo empresarial. No sector da pesca déixase senti-la necesidade dun centro tecnolóxico que cubra aspectos relativos a novas tecnoloxías, non atendidas ata o momento.

3. Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT).

O Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación constitúe a instrumentación operativa temporal do sistema Ciencia Tecnoloxía Empresa de Galicia, e está establecido no capítulo II da Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Como tal, supón unha definición de obxectivos e en función deles unha organización estructural, así como unha proposta de financiamento priorizada.

3.1. Presentación xeral.

Seguindo a devandita lei, o plan terá por obxecto a coordinación dos recursos, o fomento da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a súa posible concertación con plans estatais e programas de comunidades autónomas.

En primeiro lugar cómpre establece-las metas xerais para alcanzar a longo, medio e curto prazo, á vista das análises levadas a cabo previamente, ademais dos obxectivos xenéricos recollidos na lei.

3.1.1. Obxectivos xerais.

Crea-la convicción social de que o adecuado funcionamento do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa é un ben necesario para lograr un benestar social sostible.

Lograr unha articulación racional, ponderada e sostible do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia, como unha infraestructura imprescindible para o seu adecuado desenvolvemento.

Consegui-la maior contribución estable ó desenvolvemento socioeconómico de Galicia a través da competitividade baseada na innovación empresarial.

3.1.2. Obxectivos operativos estratéxicos.

Inicia-la andadura do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia como unha infraestructura organizada.

Favorece-la formación de equipos fortes e lograr un maior grao de integración entre eles.

Reforza-la convicción no sector productivo empresarial da necesidade da innovación tecnolóxica e organizativa.

Conseguir unha maior atención do sistema público á IDT respecto do coñecemento útil desde o punto de vista económico.

Lograr que a demanda empresarial de innovación sexa un obxectivo natural e o motor do sistema de IDT.

Mellora-la relación entre oferta e demanda tecnolóxica.

Facilita-la transferencia de tecnoloxía entre o sistema público de IDT e o sector productivo empresarial.

Incrementa-la participación económica empresarial nas actividades IDTI.

Continuar impulsando as telecomunicacións e os servicios multimedia como infraestructura de interese xeral e necesaria para competir no contexto da economía globalizada.

Logra-la optimización dos recursos, sobre a base da integración e coordinación de tódolos elementos do sistema e dun control adecuado.

Facer do propio plan un elemento de autocorrección e de planificación.

3.1.3. Obxectivos por sectores e áreas de actividade de interese prioritario.

Investigación mariña.

Optimiza-la xestión dos recursos mariños.

Integra-los recursos tecnolóxicos mariños existentes en Galicia.

Promove-la busca de novas tecnoloxías.

Favorece-los estudios de mercado e novas formas de organización.

Buscar fórmulas de apoio ás PEMEs no ámbito da innovación.

Investigación agraria.

Mellora dos sistemas de producción.

Busca de produccións alternativas.

Incorporación de novas tecnoloxías.

Aproxima-la investigación e o desenvolvemento ás necesidades de innovación do sector.

Favorece-los estudios de mercado e novas formas de organización.

Buscar fórmulas de apoio ás PEMEs no ámbito da innovación.

Favorece-la producción de productos galegos de calidade.

Ambiente.

Coñecemento do medio (aéreo, acuático, terrestre, flora e fauna).

Conservación, mellora e recuperación do medio.

Promoción de procesos industriais, productos e tecnoloxías ambientais.

3.1.4.Características xerais e filosofía do PGIDT.

A continuación enuméranse as principais características do plan, que á súa vez definen a súa filosofía como:

Un plan para Galicia.

Subsidiario, complementario e sinérxico respecto ós do Estado e da Unión Europea.

Nun sistema integrado e coordinado.

Articulado sobre bases sólidas.

Con priorización de obxectivos.

Con concentración de recursos.

Que utiliza a demanda empresarial como impulsora do sistema.

Potenciador de transferencia de tecnoloxía ás empresas.

Que impulsa a participación empresarial.

Que inclúe a innovación como programa.

Que promove a mentalización social.

Que inclúe mecanismos de seguimento, corrección e planificación.

Neste esquema resáltase a investigación básica como o soporte permanente do sistema, a innovación empresarial como o obxectivo motor cara ó que apuntan tódalas actuacións e finalmente a innovación tecnolóxica como o eixo do sistema e coa que conflúen outras accións innovadoras.

3.2. Ámbito de aplicación.

Desde o punto de vista territorial e en canto ós seus obxectivos fundamentais, é obvio que o ámbito de aplicación do plan é Galicia. Sen embargo o PGIDT prevé accións de cooperación internacional, así como o acceso ó financimento nacional e europeo. Trátase, pois, dun plan para Galicia, pero aberto ó exterior.

O feito de que sexa o primeiro Plan Galego de IDT confírelle dúas características. Por unha parte, certas limitacións e debilidades que normalmente corresponden a un ser que nace e, por outra, un certo valor estratéxico engadido, no sentido de que é bo que exista un plan, aínda que teña limitacións.

En consecuencia co anterior concíbese como un instrumento dinámico que require un seguimento e, se é o caso, correccións que o poidan mellorar. Idéase, tamén, como un plan experimental; a súa monitorización, xunto con recursos adicionais, debe de significar unha contribución clave para a elaboración dunha segunda edición mellorada e quizá, como no mundo editorial, ampliada.

Por todo iso atribúeselle un ámbito temporal limitado a tres anos 1999-2001, período que se considera suficiente para coñecer e emenda-las carencias e debilidades que esta sorte de «prototipo» vaia manifestando, permitindo poñer en liña de saída o segundo Plan Galego de IDT nas mellores condicións posibles.

3.3. Elementos estructurais do plan.

Os elementos estructurais máis importantes do plan son:

Os programas.

Os instrumentos normais que se utilizarán nos programas.

As accións específicas de acompañamento.

3.3.1. Os programas.

De acordo coa Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, o plan comprende tres tipos de programas:

Xerais.

Tecnolóxicos sectoriais.

Tecnolóxicos horizontais.

3.3.1.1. Programas xerais (cadro III).

Son aqueles que polo seu interese xeral poden considerarse fundamentais, considerándose as seguintes grandes liñas:

Promoción Xeral da Investigación: o seu obxectivo é alimenta-la base que sosterá o SCTE de Galicia, a través da investigación básica e a formación de investigadores. Ademais, este programa tamén pretende inicia-la orientación da investigación cara ós temas de interese para o desenvolvemento de Galicia. Este programa responde ó obxectivo de articula-lo sistema CTE e tamén ó de achegar ó sistema público de IDT os problemas reais de Galicia.

Programa de Apoio á Innovación: a innovación tecnolóxica é a diana á que apunta o plan no seu conxunto e a que determina en grande medida as súas características. O plan contén instrumentos directamente dirixidos a producir innovación empresarial. Dado que a conexión da investigación e o desenvolvemento coa innovación empresarial é un punto débil do sistema, considérase de interese xeral incluír, ademais, un programa específico de apoio á innovación.

Sensibilización Social: este programa pretende contribuír a garanti-la subsistencia e adecuada atención do SCTE como motor do desenvolvemento de Galicia. A sociedade galega ten que ser consciente da necesidade de que exista en Galicia un SCTE plenamente operativo.

Seguimento, Autocorrección e Planificación: trátase dun programa que pretende o control da eficacia e unha mellora permanente e continua do sistema como base para a planificación do seguinte plan de IDT.

3.3.1.2. Programas Tecnolóxicos Sectoriais (cadro IV).

Son programas de tipo tecnolóxico aplicado, referidos a sectores concretos, de interese específico para Galicia. Destacan aquí os sectores primarios da pesca e o agropecuario, considerados como prioritarios.

Investigación mariña: é un programa amplo co que se pretende mellora-las condicións para unha xestión e explotación integrada dos recursos con máis eficacia, maior garantía e de modo sostible. Préstase atención, tamén, a aspectos científicos e tecnolóxicos, así como á solución de problemas especiais que poden mellora-lo funcionamento do sector.

Investigación agraria: é outro programa amplo, que pretende mellora-la productividade do sector agropecuario, atendendo a toda a cadea de aspectos básicos: producción de materias primas, conservación e transformación industrial e comercialización, sen perder de vista as características do medio rural galego. Un obxectivo prioritario é poñer no mercado cada vez máis productos co valor engadido de seren productos autóctonos galegos de calidade. Este programa compleméntase co de biotecnoloxías que se verá máis diante.

Conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico: o patrimonio cultural é un activo moi importante na comunidade galega. Este programa ten como obxectivo responder do mellor modo á responsabilidade da súa conservación e crea-las mellores condicións para que poida ser utilizado, xunto con outros factores, como elemento dinamizador do turismo cara a Galicia.

3.3.1.3. Programas Tecnolóxicos Horizontais (cadro V).

Son programas tamén de tipo tecnolóxico aplicado, pero que afectan á vez a varios sectores, como é o caso do medio ambiente e o das biotecnoloxías, por citar dous exemplos relevantes.

Investigación en medio ambiente: os problemas asociados co medio ambiente, utilizando o termo no seu sentido máis amplo, constitúen hoxe en día unha prioridade universalmente aceptada. Sen embargo estes problemas, sendo xerais, teñen peculiaridades determinadas polas características, naturais ou non, do seu contorno e requiren normalmente tratamentos específicos. En efecto, o medio, arredor do que xiran as cuestións do medio ambiente é naturalmente distinto nas distintas rexións e tamén desde o punto de vista das consecuencias da intervención humana. O medio en Galicia constitúe outro activo de gran importancia, que ademais de afectar á calidade de vida, ten claras proxeccións na actividade turística. Este é o contexto no que se orienta este programa, o seu obxectivo xeral é mellora-lo coñecemento, conservación e se é o caso recuperación do medio, con atención tamén á contaminación e ás tecnoloxías ambientais. Así mesmo, este programa compleméntase co de biotecnoloxías.

Biotecnoloxías: as biotecnoloxías constitúen xa hoxe unha auténtica revolución nas súas aplicacións ós ámbitos da producción agropecuaria, da sanidade animal e humana e do medio ambiente sendo as súas posibilidades futuras insospeitadas. As súas manifestacións tecnolóxicas trascenden as fronteiras xeográficas, pero nas súas aplicacións concretas terán que facerse eco tamén de certas peculiaridades derivadas das características rexionais. Por outra parte, os tres ámbitos de aplicación mencionados gardan relación con programas xa definidos, que como o de investigación agraria e o de medio ambiente, son fundamentais para lograr un desenvolvemento sostible de Galicia. Todo iso xustifica a inclusión das biotecnoloxías como programa prioritario no PGIDT.

Tecnoloxías da Información e as Comunicacións: este programa, se ben é de ámbito xeral, resulta de gran interese para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación empresarial en Galicia, tanto desde o punto de vista das tecnoloxías das comunicacións como do desenvolvemento de ferramentas multimedia. É un programa que pretende contribuír a que Galicia entre de cheo no que se adoita denomina-la sociedade da información, e que resulta especialmente importante no contexto da globalización da economía.

Apoio a I+D industrial. Tecnoloxía industrial: fomenta-lo desenvolvemento de novos materiais e mellora-la competitividade da empresa propiciando a innovación en procesos e productos para ofertar artigos cun maior grao de transformación e con máis posibilidades de apertura ó exterior.

Investigación xeolóxica e mineira: a investigación e desenvolvemento neste sector permitirá xerar tecnoloxía autóctona que lle posibilite manter e mellora-la súa posición no mercado internacional ante a aparición de novos competidores.

Estudios socioeconómicos e xurídicos: as investigacións aplicadas de tipo socioeconómico, tanto se se refiren a aspectos máis xerais como se teñen

por obxecto formulacións moito máis concretas, non poden desvencellarse do seu contorno de aplicación e constitúen unha referencia necesaria para calquera iniciativa seria que se queira levar adiante en relación co desenvolvemento de Galicia neste caso.

Para garanti-la adecuada harmonización dos programas que afectan a distintos sectores crearanse comisións de coordinación.

3.3.2. Instrumentos normais que se utilizarán nos programas.

Preséntanse, neste apartado, os principais instrumentos de que se servirá o plan para a súa execución; deben entenderse estes como instrumentos ordinarios, é dicir, aqueles que utilizará normalmente o plan de modo selectivo na execución dos seus programas, de acordo coa súa propia natureza e filosofía.

Cada un deles pretende conseguir un ou máis dos obxectivos xerais ou operativos estratéxicos fixados nas páxinas precedentes.

Proxectos de investigación básica.

Proxectos de investigación orientada.

Proxectos de investigación aplicada.

Proxectos de investigación empresarial.

Proxectos de investigación especiais.

Proxectos de innovación empresarial.

Axudas para dotación de infraestructura.

Axudas para formación.

Mobilidade do capital humano.

Contactos investigadores-empresarios.

Cooperación internacional, con especial atención ó norte de Portugal e a Iberoamérica.

Os distintos tipos de proxectos marcan claramente a tendencia de cara á investigación aplicada, á participación empresarial e á innovación, de acordo coa filosofía do plan xa comentada. Os proxectos empresariais son proxectos cofinanciados polas empresas e desenvolvidos ben nos seus propios laboratorios, ben en centros públicos de I+D ou en centros tecnolóxicos de Galicia. Os proxectos especiais poden atender á recomendable integración dos equipos en grupos de maior masa crítica, á interdisciplinaridade dos problemas ou a outras circunstancias especiais.

3.3.3. Accións específicas de acompañamento.

Ademais dos instrumentos ordinarios, téñense en conta outros máis específicos, con frecuencia de utilización esporádica, e que responden ós obxectivos e características do plan, tal como se describe a continuación:

Integración e coordinación do sistema:

Convenios marco.

Xornadas sectoriais de investigación.

Comisións de coordinación.

Redes temáticas.

Solidez do sistema:

Definición de escalas e procedementos de selección do persoal investigador dos centros da Xunta.

Conexión dos centros da Xunta á rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga).

Potenciación dun sistema bibliotecario informatizado único para o sistema.

Innovación:

Plan de transformación ou creación de centros de innovación tecnolóxica.

Accións especiais para a inserción de técnicos, licenciados e doutores nas empresas.

Intercambio de investigadores e tecnólogos entre o sistema público de I+D e as empresas.

Accións especiais para PEMEs, con utilización dos multimedia.

Premio á innovación.

Sensibilización social:

Accións nos media.

Redefinición dos Premios Galicia de Investigación.

Premio á innovación.

Publicación periódica.

Convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para actuacións nos centros de ensino non universitario.

Acceso a programas nacionais e europeos:

Sesións especiais de información ós compoñentes do sistema sobre programas nacionais e europeos.

Racionalización e coordinación dos mecanismos habituais de información e asesoramento sobre acceso a fondos estatais e europeos.

Seguimento, corrección e planificación:

Comisión delegada da CICETGA para o seguimento do plan.

Apoio ó seguimento desde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Servicios de consultoría. Unha consultoría externa traballará en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento definindo os indicadores para o seguimento do plan; elaborará propostas de corrección e efectuará labores complementarios tendentes á planificación do seguinte PGIDT.

Utilización da figura do xestor de programa.

3.3.4. Asignación de instrumentos a programas.

A continuación inclúese unha asignación dos instrumentos especificados anteriormente ós distintos programas.

Promoción Xeral da Investigación:

Formación nas súas etapas pre e postdoutoral.

Infraestructuras.

Proxectos de investigación básica.

Proxectos de investigación básica orientada.

Outras accións (publicacións periódicas, congresos, etc.).

Cooperación internacional.

Programa de Apoio á Innovación:

Formación tecnolóxica.

Información.

Proxectos innovadores.

Inserción de tecnólogos na empresa.

Intercambio de investigadores entre universidades OPIs e empresas.

Centros de innovación tecnolóxica.

Accións especiais para PEMEs, con utilización das multimedia.

Contactos investigadores empresarios.

Programa de Sensibilización Social:

Campañas nos medios.

Publicacións períodicas.

Premios Galicia de Investigación.

Premio á Innovación.

Actuacións en centros de ensino non universitario.

Seguimento, autocorrección e planificación:

Comisión Delegada da Cicetga para o Seguimento do Plan.

Apoio ó seguimento desde a Secretaría Xeral de I+D.

Xestores de programas.

Servicios de consultoría.

Restantes programas.

Formación.

Infraestructura.

Proxectos de investigación aplicada.

Proxectos de investigación empresarial.

Proxectos de investigación especiais.

Cooperación internacional.

Contactos investigadores empresarios e outros instrumentos para a innovación.

3.4. Xestión.

A responsabilidade da xestión do plan, nos seus diversos aspectos, corresponde segundo a lei á Comi

sión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía (Cicetga). A xestión técnica é competencia da Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento, no só nos seus aspectos orzamentarios e administrativos, senón tamén en canto ás tarefas de difusión, coordinación, seguimento e avaliación.

Os órganos executores dos distintos programas son as institucións de investigación públicas e privadas, basicamente as universidades, OPIs, centros tecnolóxicos e as empresas. O plan pode ter en conta a transferencia da xestión de determinados programas a algunha das institucións mencionadas.

Tarefas tan importantes na xestión como son o seguimento, avaliación e autocontrol, recóllense no plan como un programa independente. As tarefas de difusión poden considerarse, tamén, incluídas no programa de sensibilización social.

A xestión dos distintos programas distribúese como segue:

Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Promoción xeral de investigación.

Programa de apoio á innovación.

Sensibilización Social.

Seguimento, autocorrección e planificación.

Biotecnoloxías.

Estudios socioeconómicos e xurídicos.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Investigación mariña.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Investigación agraria.

Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Investigación en medio ambiente.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico.

Tecnoloxías da información e as comunicacións.

Consellería de Industria e Comercio en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

Apoio a I+D industrial. Tecnoloxía industrial.

Investigación xeolóxica e mineira.

Tal e como se ten dito con anterioridade proponse a creación dunha Comisión Delegada da Cicetga para

o seguimento do plan, responsable da supervisión da xestión nas súas liñas xerais, así como a posible implantación da figura do xestor do programa, que terá como misión o seguimento cotián do seu desenvolvemento.

Estes xestores serán nomeados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento por proposta, se é o caso, das consellerías corresponsables dos programas. Buscarase, en todo caso, figuras de especialistas na materia dos programas.

3.5.Coordinación.

Parece claro que unhas grandes áreas como as descritas no punto dos Programas Tecnolóxicos Horizontais, necesariamente requiren sistemas que garantan a súa articulación, como un todo, e que ó mesmo tempo propicien a correcta coordinación entre os distintos faceres que nelas concorren.

Neste sentido considérase conveniente propoñe-la creación de comisións de coordinación dos Programas Tecnolóxicos Horizontais. Estes órganos estarían presididos polo secretario xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento, e compostos polos xestores dos distintos programas que teñan relación con esas grandes áreas de investigación multidisciplinar.

Dado que estas comisións de coordinación serán puntos de encontro de especialistas de moi diversas materias pero cunha área de interese común, non é desdeñable a súa función de foro multidisciplinar de diálogo, co que isto implica de posta en común, intercambio de ideas, experiencias e, sen dúbida, lugar de encontro para iniciativas compartidas dentro desas grandes áreas de coñecemento.

Como se dixo nun punto anterior, o plan é o instrumento operativo do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa, que debe de constituír un conxunto equilibrado. Por esta razón procede coordinar igualmente o conxunto do plan. Para tal obxecto proponse tamén a creación dunha comisión de coordinación do plan na que estarán integrados o secretario xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento e tódolos xestores dos distintos programas. A comisión estará presidida polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que poderá delegar no secretario xeral do plan.

3.6. Priorización xeral.

O mesmo que ocorre en calquera outro ámbito da actividade humana, tamén no que se refire a investigación e desenvolvemento tecnolóxico non todo é igualmente importante. A propia natureza da realidade socioeconómica de Galicia e, en consecuencia, os indicadores analizados poñen de manifesto a gran importancia que teñen os sectores productivos primarios da pesca e agropecuario, que se teñen que modernizar e experimentar un maior desenvolvemento. Para que este desenvolvemento sexa sostible, terá que producirse coordinadamente e coa debida atención ó medio ambiente. En tódolos casos as biotecnoloxías son hoxe especialmente relevantes. Dado que os recursos económicos son limitados, faise

necesaria unha priorización que loxicamente apunta cara ás catro direccións indicadas:

Investigación mariña.

Investigación agraria.

Investigación en medio ambiente.

Biotecnoloxías.

As esixencias da globalización da economía obrigan tamén a continuar prestando unha atención especial ás tecnoloxías da información e comunicacións.

Por outra banda establecéronse como obxectivos fundamentais a articulación do sistema SCTE sobre unha base sólida para garanti-la súa permanencia e a innovación empresarial como meta final deste. Iso conduciu a que no plan se incluísen, respondendo a estes dous aspectos, dous programas xerais que, por selo, son xa prioritarios:

Promoción Xeral da Investigación.

Programa de Apoio á Innovación.

O plan descansa polo tanto nas seguintes prioridades:

1. Articulación e consolidación equilibrada do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia, para garanti-la súa permanencia.

2. Favorece-la innovación empresarial como base da competitividade, procurando unha maior implicación da empresa no sistema.

3. Desenvolvemento dos sectores mariño e agrario, así como a protección do ambiente.

4. Potenciación das biotecnoloxías e das tecnoloxías das comunicacións e da información.

3.7. Financiamento.

Un plan operativo, como pretende se-lo PGIDT, debe estar respaldado por un financiamento proporcionado, xa que do contrario se converte nunha relación, máis ou menos ampla e máis ou menos detallada, de intencións. Dada a importancia que como «infraestructura productiva» está chamado a te-lo PGIDT, a Lei de fomento da investigación de Galicia protexe este aspecto obrigando a que o plan e cada un dos seus programas teñan financiamento público (Art. 10). É máis, a mesma lei obriga a que os programas xerais, sectoriais e horizontais (tódolos incluídos no PGIDT) teñan financiamento con cargo ó propio plan (Art. 6).

Sen prexuízo do indicado no parágrafo anterior cabe sinalar que, segundo a mesma lei, o financiamento do plan pode alimentarse tamén de fondos provenientes doutras fontes como o Plan Nacional, a Unión Europea, outras institucións públicas ou privadas e empresas. Por outra parte terase en conta que nesta fase inicial é da máxima importancia racionalizar e optimiza-los recursos actuais e non só prestar atención ó seu incremento. Neste contexto entenderase a proposta de financiamento do plan, que inclúe un incremento orzamentario significativo e

esforzado, que se ten que complementar cunha xestión rigorosa e eficaz.

O cadro VI inclúe o total do financiamento consignado baixo o programa operativo 432A: «Plan Galego de IDT» desagregado por consellerías, para o exercicio 1999.

Cabe destacar que o orzamento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento aumentou un 25% respecto do ano anterior. A cantidade consignada representa ó 0,80% do orzamento da Xunta para 1999.

No cadro VII faise unha distribución por programa e tipos de programas.

Nestes cadros queda reflectido o financiamento que achega a Xunta de Galicia ó Plan Galego de IDT. De acordo coas disposicións vixentes, o financiamento do plan pode provir doutras fontes, como a Administración do Estado, a Unión Europea, empresas, etc. Estes fondos iranse contabilizando sobre a marcha. Sen embargo, é necesario ter en conta a convocatoria dos proxectos financiados con fondos FEDER, proxectos cofinanciados coas empresas. No momento actual están adxudicados a Galicia, e a piques de dar comezo, proxectos por importe de 1.700 millóns de pesetas, que se reparten preferentemente entre os sectores ou campos declarados prioritarios no plan. Ademais, Galicia ten acceso a outros 700 millóns nos vindeiros 7 meses. Dado que os proxectos están programados normalmente a tres anos, cobren todo o período de vixencia do plan. Esta circunstancia modera prudentemente a necesidade de asignación de recursos ó plan por parte da Administración autonómica, que de tódolos xeitos está a facer

un esforzo moi considerable ó respecto.

A proposta de financiamento do plan para os anos 2000 e 2001 supón unhas previsións similares ás correspondentes a 1999.

3.8. Valoración do interese económico-social e científico.

Como xa queda dito, o plan articúlase basicamente en función dun obxectivo: a innovación tecnolóxica nas empresas como condición necesaria para a competitividade, e todo isto co fin de contribuír ó desenvolvemento socioeconómico.

Por outra parte, o plan contén un núcleo importante de accións de formación, vencelladas maioritariamente ó Programa de Promoción Xeral da Investigación, xunto con outras encamiñadas ó desenvolvemento e consolidación de equipos de investigación e á promoción da investigación básica. É evidente o interese científico destas accións e tamén o interese social e económico nunha sociedade na que cada vez ten máis peso a economía do coñecemento.

Finalmente, o plan inclúe outros programas, a maioría dos que se refiren a sectores de interese estratéxico para Galicia, como pode se-la pesca, o sector agroalimentario, medio ambiente, etc. Non fan falta argumentos para resalta-lo interese socioeconómico para Galicia destes programas.

Cadro I: características da realización das enquisas utilizadas como ferramentas para o coñecemento da situación, interese e necesidades das empresas galegas no terreo da IDT e a innovación.

EnquisaOrdenanteEmpresas seleccionadasEmpresas enquisadasProcedementoExecutorData de realización

1Dirección Xeral de Universidades e Investigación5203141996/97
2Dirección Xeral de Universidades e Investigación314222Empresa

especializada

xuño 1997
3Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas50Cuestionario escrito

e entrevista persoal

1º trimestre de 1998
4Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento3126FEUGA3º trimestre de 1998
5Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento3723FEUGA3º trimestre de 1998

Realizada para deseña-la convocatoria de proxectos financiados con fondos FEDER.

As que cubriron a enquisa 1.

Realizada no contexto do programa da UE RIS-ESTREIA, liderado pola Consellería de Industria e Comercio, Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, con participación da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Empresas e asociacións empresariais que, en conxunto, representan a unha ampla porcentaxe do sector.

Cadro II: organización e desenvolvemento das xornadas técnicas celebradas.

XornadasOrganizadorParticipantesLugar de celebraciónDuración/Data

1Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación1023 días/abril 1998
2Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural87Réxime de internado

no Mosteiro de Poio

3 días/abril 1998
3Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental1022 días/abril 1998
4Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Oficina de Ciencia e Tecnoloxía (Madrid), Gabinete de Biotecnoloxía (Fundación CEFI)Centro de Investigacións

Agrarias de Mabegondo

10 de xullo de 1998

Pertencentes a tódalas universidades e OPIs existentes en Galicia.

Cadro III: detalle dos programas xerais.

Programas xerais:

Promoción Xeral da Investigación:

Investigación básica:

Ciencias experimentais e matemáticas.

Ciencias tecnolóxicas e informática.

Medicina e ciencias da saúde.

Ciencias sociais.

Humanidades.

Investigación básica orientada:

Ciencias do mar.

Ciencias agropecuarias.

Medio ambiente.

Biotecnoloxía.

Investigación sanitaria.

Socioeconomía de Galicia.

Lingua galega.

Patrimonio cultural galego.

Materiais.

Programa de Apoio á Innovación:

Innovación tecnolóxica.

Estímulo á cooperación.

Formación.

Información.

Sensibilización social.

Seguimento, autocorrección e planificación.

Esta liña conta cun financiamento adicional de 10 millóns, procedentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Cadro IV: detalle dos programas tecnolóxicos sectoriais.

Programas tecnolóxicos sectoriais:

Investigación mariña:

Medio:

Procesos oceanográficos costeiros.

Biotoxinas: detección, control e toxicoloxía.

Patoloxía e microbioloxía.

Control e mellora do medio mariño.

Recursos:

Recursos naturais.

Acuicultura.

Tecnoloxía:

Tecnoloxía da pesca.

Tecnoloxía de productos pesqueiros.

Investigación agraria:

Producción:

Producción gandeira.

Pastos e forraxes.

Viticultura.

Produccións alternativas.

Enxeñería rural e agroindustria:

Conservación e transformación.

Parámetros de calidade.

Instalacións, equipamentos e procesos.

Comercialización e desenvolvemento:

Estudios de mercado.

Prospectiva.

Normalización de procedementos.

Desenvolvemento, procesos e servicios.

Desenvolvemento rural:

Agroecoloxía. Impacto ambiental.

Xestión do medio rural.

Xestión de explotacións.

Planificación. Sistemas de información.

Solos agrícolas. Conservación e manexo.

Conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico:

Conservación do patrimonio cultural:

Arquivos e museos.

Restauración de monumentos.

Intervencións arqueolóxicas.

Restauración de pinturas, retablos e bens inmobles.

Desenvolvemento do sector turístico e bases para a súa sostibilidade.

Cadro V: detalle dos programas tecnolóxicos horizontais.

Programas tecnolóxicos horizontais:

Investigación en medio ambiente:

Coñecemento do medio (aéreo, acuático, terrestre, flora e fauna):

Caracterización e inventarios.

Avaliación do estado actual.

Análise de fenómenos globais e a súa evolución.

Conservación, mellora e recuperación do medio:

Planificación e modelización.

Xestión sostible do medio.

Protección de hábitats e especies.

Aproveitamento integral de recursos naturais.

Recuperación e restauración do medio natural.

Contaminación e tecnoloxías ambientais:

Caracterización de contaminantes e análise de procesos.

Reducción, reutilización e reciclaxe de residuos.

Vulnerabilidade dos sistemas naturais á contaminación.

Tecnoloxías limpas (de prevención e reducción da contaminación).

Biotecnoloxías:

Producción vexetal e animal.

Sanidade vexetal e animal.

Medio ambiente.

Mellora de procesos.

Tecnoloxías da información e as comunicacións:

Tecnoloxías para a extensión da sociedade da información:

Infraestructuras de comunicacións.

Servicios.

Hardware.

Enxeñería de software:

Aplicacións multimedia.

Software básico.

Intelixencia artificial.

Apoio a I+D industrial. Tecnoloxía industrial:

Tecnoloxía de materiais.

Tecnoloxía de procesos.

Tecnoloxía de productos.

Investigación xeolóxica e mineira.

Estudios socioeconómicos e xurídicos.

Cadro VI: desglose do financiamento polas distintas consellerías.

ConselleríaCantidade consignada

(miles de ptas.)

Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento

(Consellería da Presidencia e Administración Pública)

3.357.414
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo1.768.500
Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria965.674
Consellería de Industria e Comercio887.500
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura533.708
Consellería de Medio Ambiente285.114
Total7.797.910

Cadro VII: desglose do financiamento por programas e tipos de programas.

ProgramasCantidade

(miles de ptas.)

Programas xerais
Fondos condicionados135.495

ProgramasCantidade

(miles de ptas.)

Promoción xeral da investigación2.030.000
Programa de apoio á innovación200.000
Programa de sensibilización social18.000
Programa de seguimento, autocorrección e planificación15.000
Outras accións248.939
Subtotal programas xerais2.647.434

Programas tecnolóxicos sectoriais
Fondos condicionados1.932.485
Programa de investigación mariña366.800
Programa de investigación agraria500.097
Programa de conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico638.480
Subtotal programas tecnológicos sectoriais3.437.862

Programas tecnolóxicos horizontais
Fondos condicionados665.600
Programa de investigación en medio ambiente261.014
Programa de biotecnoloxías75.000
Programa de tecnoloxías da información e as comunicacións180.000
Programa de apoio a I+D industrial. Tecnoloxía industrial421.000
Programa de investigación xeolóxica e mineira50.000
Programa de estudios socioeconómicos e xurídicos60.000
Subtotal programas tecnolóxicos horizontais1.712.614
Total7.797.910