Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica se cita. (Expediente IN407A 97/230-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocu

pación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ponte Freixeiro (Polígono I).

Situación: Concello de Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo subterránea, a 20 kV, de 209 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Gaxín-Soutelo, rematando no paso aéreo subterráneo da L.M.T. ó C.T. A Ponte Freixeira, Concello de Forcarei. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo subterránea, de 50 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, a propietaria do predio número 1 presenta alegacións con data do 29-7-1998, comunicando que non está de acordo coa traxectoria da liña o que xa dixera ante a Delegación de Industria en data do 26-11-1997, presentando informe técnico e plano de trazado alternativo.

Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. esta contesta que non ten iconveniente en estudiar sobre o terreo a alternativa porposta. Despois de trasladar á alegante a copia do escrito de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., esta comunicanos en data do 22-10-1998 que a empresa non se puxo en contacto con ela, o que posteriormente a empresa eléctrica nega dicindo que o 9-9-1998 realizaron unha visita ó terreo, estando presente a afectada con outros veciños, así como o técnico que asinou a proposta alternativa. A empresa eléctrica di que naquela reunión se aclararon tódolas dúbidas e se lles indicou os motivos polos cales a traza proposta pola afectada non era viable, por causar novas afeccións.

Que en inspección realizada o día 17-12-1998, por facultativo desta delegación, se comprobó que a traza do proxecto da liña non está suxeita ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, e que a traza proposta sobrevoa un parque, o que orixinaría o corte de varios carballos e afectaría igualmente a varios predios, o que implicaría conseguir novos permisos de paso, polo que non se considera viable a solución proposta.

Considerando que os predios afectados non están suxeitos ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, e o contido do informe antes mencionado.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e as concidicións técnicas e de seguridade establecidas nor regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou coporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra