Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.031

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (7/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Manuel Vázquez García, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido Galaica Gas S.L., para que o día 3 de marzo, ás 9.50 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle de que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, de que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte de que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; e de que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén que

as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Así mesmo, requírese o devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: follas xustificativas do pagamento de salarios, boletíns de cotización á Seguridade Social, libro de matrícula e os contratos de traballo subscritos polo traballador. Igualmente, cítase o representante legal da demandada para que o día sinalado compareza perante este xulgado co obxecto de prestar confesión xudicial.

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado Galaica Gas S.L., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela, o 9 de febreiro de 1999.

O secretario

Rubricado