Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.031

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (154/1998-M).

En virtude de resolución dictada en executoria de xuízo de faltas dimanante do xuízo de faltas nº 15/1998, sobre delito de circular sen seguro obrigatorio, acordouse o requirimento de Manuel González Carrillo para que faga efectiva a pena de multa dun mes e 18 días á que foi condenado; fíxase o importe da cota diaria de pena de multa na contía de 1.000 pesetas e sinálase a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de libertade (prisión) por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. O dito ingreso deberá efectuarse no Banco Bilbao Vicaya OP, número de conta 1500-78015498.

E para que conste e lle sirva de requirimento en forma a Manuel González Carrillo, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado