Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 37/1999, do 11 de febreiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección do Castro de Elviña, no concello da Coruña.

O Boletín Oficial del Estado do 20 de xullo de l962 publicaba un Decreto do 5 de xullo, polo que se declaraba monumento histórico artístico o Castro de Elviña, no concello da Coruña.

Sendo a citada declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 2 de novembro de l998, publicouse unha Resolución do 6 de agosto, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais disposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección do Castro de Elviña, no concello da Coruña (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia).

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Zonificación

Castro de Elviña.-Comprende a superficie do poboado e delimítase a partir dos elementos máis exteriores a el vencellados.

O sector norte do xacemento toma como referencia a base da defensa (muralla) hoxe visible, delimitándose a partir do camiño de servicio que accede por este punto ata o lugar de Mesoiro.

1-2. Desde o vértice NO da parcela 703-a percorre o límite leste da 695, continuando polas lindes sur das 490, 489, 488, 487 e 485, chegando e atravesando o camiño Castro-O Martinete en liña recta ó punto 2.

O sector leste adáptase ó trazado do devandito camiño (Castro-O Martinete), incluíndoo no seu ámbito. este, en gran parte do seu trazado, correspóndese cun dos camiños fósiles (chemins fossiles) que Bouhier (Bouhier, 1972) vencella ó xacemento en relación coas súas posibles terras de explotación directa.

2-3. Desde a prolongación en liña recta da linde norte da parcela 484 á beira leste do camiño, a delimitación sinalada segue o seu trazado ata o seu punto de unión co camiño Castro-Mesoiro.

O sector sur vén delimitado por un camiño antigo, rocha en firme, de servicio de predios, o que inclúe, adaptándose posteriormente unha vez perdido este, ós lindes dos predios ata cruza-lo camiño Castro-Mesoiro (divisoria dos polígonos catastrais 6 e 7), que rodea o xacemento polo sur, e chegar ó vértice SO da parcela 704.

3-4. Desde a unión do camiño Castro-O Martinete co Castro-Mesoiro (lugar de Castro), a delimitación adáptase ó camiño de servicio que xorde deste último máis ó sur, incluíndoo ata a metade da parcela 349 (P.7) e de aquí en liña recta segue o linde sur das 361-b, 364, 365, 364 e 366, chegando novamente ó camiño Castro-Mesoiro, que cruza e segue ata o vértice SO da parcela 704.

O sector oeste toma como referencia as dúas terrazas que nesta orientación descenden desde o cume do xacemento.

4-1. Desde o vértice SO da parcela 704, adáptase ó limite oeste das 703-b e 703-a, pechando a delimitación no punto l.

Contorno de protección

Comprende unha área concéntrica exterior á anterior, configurada para asegura-la conservación de posibles restos vencellados non visibles superficialmente e evitar impactos visuais que distorsionen a interpretación do xacemento.

A banda norte percorre a zona alta dunha pequena aba de altura máxima 94 m. s.n.m, que illa o área do xacemento dos lugares de Pouporón e Mesoiro, enlazando co límite do actual Campus Universitario da Coruña.

1-2. Desde o vértice NO da parcela 678 segue ó linde norte das 679, 680, 491, 494 e 497, cruzando neste punto o camiño Castro-O Martinete e seguindo o límite norte da parcela 376 ata o seu vértice NE, (punto 2).

A banda leste adáptase ó límite actual máis externo das terrazas de cultivo de configuración antiga que rodean o xacemento nesta orientación, marcando o deslinde co campus universitario e o núcleo urbano de Castro.

2-3. Desde o vértice NE da parcela 376, seguindo o límite leste desta en dirección sur, percorrendo este mesmo límite da 377 e 383 ata a súa confluencia coa 389, adaptándose ó seu linde norte e continuando pola 390, tomando novamente dirección sur no límite leste desta a través das 392 e 394, onde se aliña coa beira oeste do camiño de servicio ata o lugar de Castro. Torce no vértice SL da parcela 413 cara ó oeste polo seu linde norte, cruzando, ó remate deste predio, o camiño que vén da N-VI e bordeando o núcleo de Castro pola linde leste da parcela 139, a partir da cal cinxe por este mesmo límite as 940, 159, 162, 163, e 164, seguindo á 165 ata o contacto coa 109, onde torce cara ó leste ata o camiño de servicio que cruza esta, adaptándose ó mesmo ata confluír no Camiño da Costa (Castro-A Zapateira), que segue, sen incluír, ata o vértice SO da parcela 107 (punto 3).

A banda sur percorre as alturas do Castelo, que supón as derradeiras estribacións dos Montes da Zapateira, supoñendo unha barreira natural da área de domiño visual do xacemento.

3-4. Desde a parcela 107, a liña de delimitación segue o trazado do camiño que percorre cara ó oeste os cumes destes montes, servindo de linde sur as parcelas 166, 167, 168, 179 e 178, confluíndo no vértice SO, desta última con outro camiño de orientación N-S, que cruza, seguindo a continuación o límite oeste das parcelas 176 e 174 ata a linde coa 297, adaptándose a ela ata o camiño de Feáns, o que vai seguindo ata o vértice SL da parcela 946 (punto 4).

A banda oeste transcorre por terreos chans (gándara) e húmidos, adaptándose, en liñas xerais, á rede de camiños antigos que por aquí atravesan.

4-1. Desde o punto 3 segue a liña de linde sur desta parcela ata o seu vértice SO, onde encara ó norte seguindo o límite oeste das parcelas 946, 945, 944, 943, 942, e 941, enlazando nesta coa 307, onde o límite oeste toma como trazado, continuando por este das 308, 309, 310 e 389, cruzando aquí o camiño a Feáns e adaptándose, incluíndoo, a este en dirección leste ata a súa confluencia co de Mesoiro, ó que a continuación se cinxe pola súa beira leste, desembocando no de servicio que pasa polo norte do xacemento, onde a confluencia o cruza, dirixíndose cara ó norte e seguindo o límite oeste das parcelas 687, 686 e 678 ata o punto 1.