Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/8-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Gosende-Fonteameneiro.

Situación: Santiso.

Características técnicas: ramal L.M.T. aérea a 20 kV, de 17 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Busel de Arriba. C.T. aéreo de 50 kVA en Gosende-Fonteameneiro. R.B.T. de 350 m en conductor R.Z. Concello de Santiso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña