Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/393-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Río do Porto-Monte Rei.

Situación: Noia.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al: de 305 m de lonxitude, con orixe na liña Tambre II-Ponte Nafonso-Noia e remate no C.T. Novo estrada de Muros que se vai instalar. De 505 m de lonxitude, con orixe no C.T. Río do Porto e remate no C.T. Mina do Barro. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na estrada de Muros. Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña