Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a licitación de adquisición de tres equipos completos de pesaxe con básculas electrónicas de roda, polo procedemento aberto de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de tres equipos completos de pesaxe con básculas eletrónicas de roda.

b) Prazo de entrega: 20 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado 14.998.800 ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada en virtude do artigo 36.2º da Lei 13/1995.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegación provinciais da C.P.T.O.P.V. Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou poderán enviarse polo correo dentro do prazo de adminisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal. Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes