Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra: variante da estrada LU-612 (clave N/LU/91.15.2.1).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, con data do 7 de outubro de 1997, o estudio informativo variante da estrada LU-612. Clave: N/LU/91.15.2.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Lugo, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Lugo, e no concello afectado.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e no concello afectado.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas