Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/233-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Muíños de Coiro.

Situación: concello de Laracha (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en LA-30 de 369 m de lonxitude que parte da L.M.T. ó C.T. Merelle e final no C.T. que se vai construír en Muíños de Coiro de 50 kVA tipo aéreo. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos

ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña