Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/391-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Vte. L.M.T. A Grela-Pasaxe na Ponte da Pasaxe.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, de 118 m de lonxitude, con orixe no apoio 3º antes do C.T. Ponte da Pasaxe e final no apoio anterior ó C.T. Ponte da Pasaxe. L.M.T. subterránea a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 30 m de lonxitude, con orixe no apoio 2º anterior ó C.T. Ponte da Pasaxe e final na liña que alimenta o C.T. congeladora coruñesa. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña