Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.940

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 33/1999, do 18 de febreiro, polo que se dispón que cese Dositeo Rodríguez Rodríguez como conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro da Presidencia e Administración Pública, Dositeo Rodríguez Rodríguez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente