Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.940

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 20, do 1 de febreiro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

Na alínea b) da disposición transitoria onde di: «... Augas de Galicia requiriralle a información sobre...», debe dicir: «... Augas de Galicia requirirá a esta a información sobre...».

No artigo 4.4.a) onde di: «... polas entidades definidas no artigo 6.2º deste regulamento», debe dicir: «... polas entidades definidas no artigo 6.3º deste regulamento».

No artigo 5.2º onde di: «... das entidades previstas no artigo 6.2º deste regulamento...», debe dicir: «... das entidades previstas no artigo 6.3º deste regulamento».

No artigo 6.4.b) onde di: «... de acordo co que prevé o artigo 17.3º», debe dicir: «... de acordo co que prevé o artigo 16.3º».

No artigo 16.6º, onde di: «... de acordo co que se prevé no artigo 42º», debe dicir: «... de acordo co que se prevé no artigo 43º».

No artigo 21.4, onde di: «... de acordo co disposto no artigo 36º deste regulamento», debe dicir: «... de acordo co disposto no artigo 31º deste regulamento».

No artigo 24.2.b), onde di: «A practicar e notificar, logo de trámite de audiencia, se é o caso, a liquidación provisional...», debe dicir: «A practicar e notificar, logo de trámite de audiencia se é o caso, a liquidación provisional...».

No parágrafo segundo do artigo 30.4, onde di: «... os datos que deste proporciona-lo suxeito pasivo...», debe dicir: «... os datos que debe proporciona-lo suxeito pasivo...».

No artigo 32.a), onde di: «... Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, corresponden a infraccións graves», debe dicir: «... Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, se corresponden a infraccións graves».

No artigo 45.2.c), onde di: «... comezará a computarse o prazo a que se refire o punto 2 anterior», debe dicir: «... comezará a computarse o prazo a que se refire o punto b anterior».

No terceiro parágrafo do punto 1 do anexo, onde di: «... verterase un litro de auga que se analizará dentro da probeta...», debe dicir: «... verterase dentro da probeta un litro da auga a analizar...».