Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do plan parcial do P.A.U. Cambeses (expediente 4113/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do plan parcial Cambeses, presentada por Emilia Cameselle Martínez e outros, como comisión xestora do único polígono do plan parcial, someténdoo a información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG, segundo establece o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma lei. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 7 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo