Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da avenida de Madrid, 197 (expediente 4105/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 18 de decembro acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da vía Avda. de Madrid, 197 presentado pola sociedade Troncalva S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García e visado polo colexio oficial con datas do 30 de xuño e do 27 de novembro de 1998.

Procédese ó trámite de información pública do expediente durante o período mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, así como notificación individual ós propietarios afectados, segundo o establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 de Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 4 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo