Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de equipamento para quirófanos con destino ó Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol (A Coruña). (SCS.-11/1999). (Cinco lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámties administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: equipamento para quirófanos con destino ó Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol (A Coruña). (SCS.-11/1999). (5 lotes).

Orzamento: dez millóns catrocentas noventa e unha mil pesetas 10.491.000 ptas. IVE incluído. (63.052,179 euros).

Lote nº 1: bisturí electrónico. 935.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2: desfibrilador. 880.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3: lámpadas cirúrxicas. 3.900.000 ptas. IVE incluído.

Lonte nº 4: mesa quirófano. 4.000.000 de ptas. IVE incluído.

Lote nº 5: armario/vitrina. 776.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 209.820 ptas. IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 1999.

Adminisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata unmáximo de tres.

Solvencia económica e financeira: se acreditará por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarse mediante declaración reponsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, de acordo con directiva 89/336CE ó 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con execepción nos productos da clase I).

Criterios de adxudicación.

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servivio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.: ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administratvio de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade con artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegaran os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos