Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, para adquisición de sinalización interior e exterior con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCC.-10/1999). (Lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: do equipamento de sinalización interior e exterior con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña) (SCC.-10/1999). (Lote único).

Orzamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído (150.253,026 euros).

Fianza provisional: 500.000 ptas., IVE incluído (3.005,060 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes soamente no punto 4 do prego de precricións técnicas (deseño constructivo).

Non se admiten variantes nos demais puntos.

Solvencia económica e financeira: acreditarase xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

Solvencia técnica: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación:

1. Proposición económica: ata 25 puntos.

2. Proxecto de implantación: ata 20 puntos.

3. Experiencia na sinalización hospitalaria: ata 20 puntos.

4. Prazo de execución: ata 15 puntos.

5. Solución técnica acompañada nas variantes do punto 4 do prego de prescricións técnicas: ata 20 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2-2ª planta, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos