Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 1998 pola que se acorda a cesión de uso de bens mobles propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Advertido erro na orde publicada no DOG nº 9, do venres, 15 de xaneiro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

O artigo 2º, punto c), onde di: «Transcorrido o prazo da cesión ou no caso de que os bens non se aplicasen ó fin sinalado ou deixasen de utilizarse con esa finalidade, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán no Servicio Galego de Saúde, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentasen.», debe dicir: «Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado dentro do prazo inicialmente fixado no acordo ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con

grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán ó Servicio Galego de Saúde, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou das deterioracións que experimentasen.».